Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Eugénio Outeiro presenta o seu libro «Réquiem» na súa terra

O acto contará coa participación do cineasta arousán Marcos Nine

Eugénio Outeiro presentará o venres a súa obra «Réquiem» na Arousa.

Eugénio Outeiro presentará o venres a súa obra «Réquiem» na Arousa. / FDV

A Illa

O Museo da Conserva da Illa acollerá o vindeiro venres, a partires das 19.00 horas, o acto de presentación do poemario «Réquiem», do autor arousán Eugénio Outeiro, que foi reocñecido este ano co premio Johán Carballeira.

Este poemario, publicado por Xerais, afonda na memoria, a perda e as raíces familiares, tomando como inspiración o libro «Papel de estraza», obra coescrita polo pai do autor, Juan Luciano Otero Besada, quen tamén participará no acto.

A presentación contará ademais coa presenza de Marcos Nine, tamén veciño da Arousa e recente gañador do Premio Mestre Mateo á mellor realización por «Historias de aquí», quen acompañará ao autor nunha conversa arredor do proceso creativo e do valor da memoria na narrativa contemporánea.

O acto forma parte da programación que no Concello da Illa ten para este mes de abril baixo o epígrafe «En abril libros mil» e que levará ata A Illa a varios autores de prestixio na literatura galega. O programa busca fomentar a lectura e apoiar a creación literaria galega.

Tracking Pixel Contents