Entrevista | Marcos Nine Búa Premio Mestre Mateo
«Hai que educar ás persoas no uso das ferramentas de creación»
O arousán Marcos Nine Búa gañou o seu noveno Mestre Mateo da súa dilatada carreira e reivindicou a figura de Óliver Laxe, seu avó Sito Búa e a necesidade de educar no uso das ferramentas de creación para evitar o crecemento da intolerancia

Marcos Nine abraza o seu último Mestre Mateo. / Academia Galega do Audiovisual
—Non sei se definilo xa como o coleccionista de Mestres Mateo, porque xa leva un bo feixe deles.
Son nove. Tres a mellor documental con «Historia dunha parroquia», «Radiografía dun autor de tebeos» e a «Virxe roxa»; ao mellor guión por «As leis de Celavella»; á mellor montaxe pola «Viaxe de Leslie»; mellor obra experimental para «Manuscritos pompeianos» e «Aarón»; e agora dous á mellor realización por «Historias de aquí». De todas formas, penso que é unha cuestión de levar anos traballando porque iso permíteche multiplicar os traballos que tes e ábreche máis as posibilidades de levar un recoñecemento. Penso que a cantidade d eprmeios que un pode acumular é o reflexo de todos os anos que levas exercendo e traballando naquilo que che gusta.
—Que sentiu cando escoitou o seu nome por novena ocasión?
Nervos, emoción, ... Non é porque che dean o premio é porque te lembras do que che custou. Do difícil que é que un proxecto saia adiante, da responsabilidade que tes unha vez que o consegues. É por todas esas veces que tiveches dúbidas. Por cando pensaches que era imposible rodar todo nesa cantidade de xornadas. Polo equipo e polas gañas que tiñan de que todo saíse ben. Pola mala hostia que te comías cando algo non saía como querías pero sabes que é mais importante seguir adiante. Por todas as correccións. Polas veces que pensabas que isto non se remataba máis. Pola cantidade de estados emocionais polos que pasas, desde a euforia á depresión mentres intentas que o ánimo do equipo nunca se caia. É unha unha estatuíña, pero para min significa todo eso.
—No seu discurso reivindicou a figura de Óliver Laxe.
É que creo que non se lle está dando a importancia suficiente a un autor galego que conseguíu algo verdadeiramente histórico como son dúas nominacións aos Óscar e creo que se deben pór as couas no seu sitio. Antes del, no cine español só Almodóvar estivo nominado a unha categoría a maiores da de mellor película de fala non inglesa e dá a sensación de qu enon se lle recoñece ese logro
—Tamén fixo un alegato sobre o uso das novas tecnoloxías e revindicou o papel do creador.
Esa é unha das cousas que máis me preocupoa, ese uso que se está facendo das ferramentas de creación, non só nas IA’s, se non tamén nas redes sociais. Se lle das ferramentas como estas á xente, pero non os formas no se uso ni se explica o que significa crear algo tanto a nivel relación con outras persoas como a incidencia que pode ter na súa vida; se non se é coidadoso nas mensaxes que se lanzan e en todo aquilo que se di en público, o resultado pode ser nefasto. Penso que hay que empezar a educar á xente en que non se deben utilizar de calquera maneira estas ferramentas sen facer unha serie de reflexións éticas previas que xa deberían estar asumidas, ainda que polo que se ve cada día na sociedade, pois non o están tanto. Funciónase un pouco a ritmo de algoritmo e hai que romper con iso, a xente ten que descubrir máis cousas das que ve ou le habitualmente. Cousas distintas para non acabar pechado en ti mesmo, porque iso leva a ser máis ignorantes e máis intolerantes.
—Quizáis o momento máis emotivo foi cando lembrou a seu avó.
Sito Búa. Lembreime del porque facía xusto quince anos do seu pasamento e, no personal, é unha data moi importante para min e para os meus. A el gustáballe moito presumir de cando me ía ben e creo que ese era un momento bonito para lembralo porque sei que estaría contento.
—Que proxectos ten agora en mente?
De «Historias de aquí» aínda faltan algúns episodios por emitir, pero xa non se están facendo máis. Agora mesmo estou desenvolvendo algunhas cousas, dándolle voltas á cabeza con algúns temas, e pensando en seis cousas á vez das que non se pode dar moitos datos, pero nunca tes moi claro que é aquilo que pode saír adiante. Cada vez resulta máis complicado producir pola gran oferta que existe, non chega con que o proxecto sexa boa, necesitas unha dose de sorte extra e que ese traballo coincida coas liñas de brifin que teñen as grandes plataformas. Esa pode ser a gran diferencia entre que un traballo teu destaque ou pase desapercibido.
—A Illa estará presente en proxectos futuros?
Precisamente en «Historias de aquí» está pendente unepisodio adicado ás pontes, no que se fala da da Arousa e o que significou para nós a súa apertura. Penso que é un tema a explotar o da ponte como metáfora de moitas cousas, a maioría boas. De todas formas, penso que a ponte tamén foi o elemento que fixo que se perdese gran parte desa identidade colectiva que tiña a Arousa e ese é un tema moi interesante para analizar.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta lanza un plan para atajar el fraude en las bajas laborales en Galicia, que en total son 70.000 al día y suponen unas pérdidas de 2.200 millones de euros
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo
- La gallega Mobify prepara su desembarco en Vigo: una flota de cien vehículos, modelo 'carsharing' y precios desde 0,29/km
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»
- La Xunta ampliará el alcance de la ayuda anual de 5.000 euros del Bono Coidado para dependientes a otras 10.000 familias
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Un accidente múltiple en la AP-9 en Vigo deja seis heridos, uno de ellos grave
- Roberto Verino se abre a un socio industrial a través de la venta de casi el 40% del capital para asegurar el relevo generacional