Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio Marítimo

A arousá Mónica Leiro asume a presidencia de Culturmar

Os Encontros de 2027 serán en Ribadeo á espera dun acordo plenario na localidade

Un momento da asemvlea celebrada na sede de Culturmar onte.

Un momento da asemvlea celebrada na sede de Culturmar onte. / Iñaki Abella

Cambados

O colectivo Culturmar, que reúne a todas as asociacións que defenden o patrimonio marítimo, terá por primeira vez a unha muller como presidenta. A arousá Mónica Leiro, da Asociación Fasquía da Illa, asumiu o relevo de Pepe Sacau na asemblea que se celebrou onte na súa sede de Cambados. Ademáis da arousá, a nova directiva estará formada como vicepresidenta por María José García «Jojó» dos Patexeiros de Sada; a tesoureira será Iria Fernández da Dorna Meca; mentres o secretario será Marcos Buíde, de Lajareu de Ribeira. Os vogais serán Alberto Martínez (Terra de Outes), Santi Mougán (Fasquía da Illa) e Juan Miguel «Indio» Vivanco (Patexeiros).

Outra das grandes decisións que se tomou nesa asemblea foi a de escoller o lugar onde celebrar os Encontros de Embarcacións Tradicionais de 2027. A única candidatura que se presentou foi a de Ribadeo, aportada pola asociación Talameira, que preside Pablo Fernández. Queda pendente a adxudicación dun acordo plenario unánime por parte da corporación do municipio.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents