Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Miña avoa era a que máis ilusión tiña en verme como Xesuscrito»

Gabriel Magariños á porta do Concello de Meis. | IÑAKI ABELLA

Gabriel Magariños á porta do Concello de Meis. | IÑAKI ABELLA

Meis

Sendo de Paradela, supoño que vostede medrou vendo a escenficiación rácticamente á porta da casa.

Cheguei a participar en algunha ocasión sendo moi noviño, como un anxo, depois marchei a estudar fóra e xa non volvín a participar ata agora, aínda que sabía que, tarde ou cedo, ía acabar representando a Xesuscristo. A ocasión chegoume con 35 anos, 36 para setembro, máis ou menos a mesma idade que él.

E que o levou a dar este paso?

Pois a verdade é que viñeron dous parentes meus no 2025, que tamén participan na representación e ofrecéronme, pero díxenlles que primeiro tiñan que arranxar coa persoa que o estaba facendo e despois que volvesen. A verdade é que volveron e aí xa non souben dicir que non, sobre todo pola memoria de miña avoa, que morreu en decembro de 2023 e sempre me dicía que algún día tiña que facer de Xesuscristo, e mira, xa que viñeron pola casa a buscarme pois decidín dar o paso.

A súa chegada rexistrouse despois dun conflicto interno.

Iso foi unha discusión familiar que xa está solventada a base de falar. En todos os grupos, e máis naqueles que levan tanto tempo organizando un evento como este, sempre hai visións distintas e formas de ver as cousas particulares que poden xerar friccións, pero xa están superadas e son auga pasada, agora estamos ao que estamos, que é a escenificación. É máis, o anterior Xesuscristo, Daniel Castro, estáme axudando moito a preparar esta representación o que indica o boa persoa que é e que isto non deixou de ser unha pequena rifa familiar a que topamos unha solución.

Como está sendo a preparación ante a inminencia da celebración?

Pois como ocorre nestas situacións, con moitos nervos e tratando de que todo estea o mellor posible de cara a cando comece. Este ano foi todo un pouco apresurado, porque comezamos a ensaiar tan só dous meses antes de que se celebrase a escenificación, pero agardamos que para o ano poidamos ter bastante máis tempo e comezar no mes de outubro, que é o habitual.

Nunha vida tan coñecida como é a de Xesuscristo, hai espazo para a improvisación nunha escenificación como a de Paradela?

Eu penso que non. É máis, penso que incluso podería ser ofensiva para algunhas persoas crentes, por iso tratamos de axustarnos o máis posible ao que se narra na Biblia deses últimos momentos da súa vida. Abrimos algo a mán coa presenza dalgún personaxe moi secundario, como a muller de Poncio Pilatos ou a de Herodes, pero somos moi respetuosos co que se narra deses últimos momentos da vida de Xesuscristo, como non podía ser doutra forma.

E ten algunha escena que considere emotiva?

Isto é algo persoal. Penso que a escena na que ten ese diálogo co seu pai no que lle di «Por que me abandonache? É un momento no que asume que o que lle está pasando é necesario para salvarnos a todos. Tamén o momento do desencravo é algo que me resulta moi emotivo con todas as mulleres chorando, e neste caso hai varias que o fan dunha forma incrible. Entendo que a outras persoas haberá outros espazos que lles poidan parecer un momento de maior emotividade ou reflexión, pero eu quédome con eses dous.

Que parte da escenificación lle está resultando máis complexa?

Xa estiven ensaiando todos os momentos da escenificación, e o momento máis duro paréceme cando te levantan na cruz, con esa sensación de que podes caír, o arnés apretándoche as pernas, ..., resúltame a máis dura e difícil, pero xa me estou mentalizando para que todo saia ben.

E os lategazos?

Home, son un momento duro, pero tamén hai trucos para que doian menos recibíndoos nas costas e non no costado.

Aínda é un pouco cedo para decidilo, pero vese como Xesuscristo na vindeira edición?

A verdade é que no quería dicilo, porque despois teño que cumprir a promesa, pero a miña intención é estar tres anos: o primeiro para ver como é, o segundo para aprender e o terceiro para que todo saia perfecto. Ao mellor non é así, pero é como eu vexo as cousas.

Ademáis da súa participación nesta escenificación, vostede tivo algún tivo ou ten algún tipo de relación co teatro?

Pois máis alá dalgunha representación teatral na escola, a verdade é que non. E as veces que participei en representación teatrais facía máis o papel de narrador que de protagonista.

n

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents