Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Volve o concurso Plácido Castro de tradución dotado con 3.000 euros

Esta edición presenta algunhas novidades

Unha presentación anterior do premio Plácido Castro.

Unha presentación anterior do premio Plácido Castro.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cambados

A Fundación Plácido Castro convocou unha nova edición do seu concurso de tradución dotado cun premio de 3.000 euros e que este ano presenta algunha novidade. Poden concorrer textos publicados en galego durante o ano pasado e o prazo para presentarse remata o 7 de marzo. Dende o padroado, do que forman parte, entre outros, os Concellos de Vilagarcía e Cambados, recordan que poden presentar candidaturas tanto os tradutores como as propias editoriais.

En canto ás novidades, as mesmas fontes indican que haberá unha preselección de cinco finalistas, presentación de candidaturas en formato dixital xunto cunha breve xustificación ou non repetir os premiados nas últimas tres edicións.

Os interesados en consultar as bases desta edición, a 24, poden facelo nas redes sociais da Fundación e na súa web.

O xurado estará composto por representantes das cinco entidades que conforman este padroado xurdido para poñer en valor a figura deste galeguista, xornalista e tradutor, moi vinculado ao Salnés.

Tracking Pixel Contents