40 anos e unha vida adicada ao coidado do deporte de Cambados levan o nome de Richard Charlín
Richard Charlín xa non é técnico deportivo municipal do Concello de Cambados tras catro décadas de servizo. Chegoulle a hora de entregar o relevo como gardián das instalacións e protagonista da vida deportiva local. Atrás deixa moita implicación, centos de anécdotas e o deber ben cumplido.

Richard Charlín no pavillón do Pombal, agora xa de xubilado. / Iñaki Abella
O deporte en Cambados ten moitas caras: a do neno que chega coa sua mochila ás costas, a do club que loita por cadrar horarios e orzamentos, a da familia que se senta nunha bancada un sábado pola tarde... E tamén hai unha figura menos visible, pero decisiva, que durante décadas foi o eixo silencioso do día a día: quen abre, quen pecha, quen organiza, quen marca normas e quen resolve problemas. Ese papel levouno, durante case corenta anos, Richard Charlín, técnico deportivo municipal ata o pasada 5 de xaneiro. O mesmo día que se vestíu de rey Gaspar para cumplir o desexo de todo traballador: xubilarse coa satisfacción dos deberes ben feitos.
Charlín marcha sendo, como el mesmo lembra, «o traballador máis antigo» do Concello. Unha traxectoria tan longa como meticulosa e intensa, que arrinca cando o pavillón do Pombal estaba prácticamente estreando paredes e cuberta e cando Cambados comezaba a construir –a base de instalacións e ilusións– a súa actual cultura deportiva.
A súa historia como funcionario municipal empeza case como unha casualidade. Richard traballaba en Gráficas Salnés cando se convocou unha praza temporal: seis meses de contrato para botar unha man no novo pavillón, inaugurado en xaneiro de 1985. El incorporouse o 15 de xuño e «a idea eran seis meses... e mira», recorda o considerado por moitos o mellor futbolista da historia de Cambados. Pero despois chegaría a oposición e a praza definitiva. Naquel tempo, lembra, tamén saíron prazas para a biblioteca que foi para Luis Rei —que acabaría levando o seu nome a modo de homenaxe póstuma— e postos administrativos no Concello.
O seu cambio de rumbo tamén viña marcado polo corpo: xa pensaba en deixar o fútbol tras dúas operacións de xeonllo. A oportunidade de traballar no deporte municipal chegaba xusto cando quería asumir outra etapa vital. E así, sen grandes proclamas, Richard foi quedando. Quedando para facer funcionar unha engrenaxe que non para: actividades escolares, clubes, adestramentos, competicións, fins de semana cheos… e imprevistos. Porque nas instalacións deportivas, o que non está previsto sempre aparece.
Moito antes de ser o home do deporte municipal, Richard foi sobre todo futbolista. A súa memoria deportiva está chea de escenas que non se borran. Como aquel debut con só 17 anos co Cambados: «Foi en Celanova e gañamos 1-0. Hai cousas que nunca se esquecen». Era o ano 1977.
Despois chegou o salto a Vigo e ao Celta, dous anos máis tarde. «Adestraba co primeiro equipo e xogaba no Gran Peña», relata. O que parecía un camiño aberto truncouno a mili: «o adestrador Miroslav Pavic xa me falara de que quería contar comigo no arranque da tempada, pero a mili truncouno todo», recorda ainda cunha certa dor.
A carreira seguiu con etapas en diferentes equipos, incluído un ano no Arosa, que lembra como «época difícil economicamente». E tamén pasou polo San Martín, Céltiga… Ata que o Concello entrou na súa vida e a pelota pasou a rodar doutro xeito.

Moitos falan de Richard como o mellor futbolista da historia de Cambados. / Iñaki Abella
Mesmo cando xa non podía seguir como antes, o fútbol seguía chamando. Con 31 anos, tras todo o vivido, aínda regresou un ano ao Chispa «por matar o gusanillo» e mesmo ascenderon a Segunda Autonómica. E ten un episodio que define o carácter do futbol daquela época: cando o Cambados —xa no tempo de Sito Miñanco— ficha a Mario Guede e este pide un lateral dereito. «Dixéronlle que o mellor estaba na casa», resume Richard. Guede foi velo ao campo do Cavadelo, en Vilagarcía, nunha final dun 24 horas xogada co equipo do Pub Musaraña, e dixolle: «Voltas para ó Cambados».
Daquela xa era traballador do Concello e o problema era compatibilizar o fútbol co seu desempeño profesional. Non podía adestrar polas tardes con aqueles Dibuja, Bericart, Soneira... «Facía a pretempada en solitario e adestraba polas mañás eu solo no campo de A Merced durante a temporada». Un xeito de entender o compromiso: se non se pode dunha forma, búscase de outra.
E que a vida de Charlín no deporte ten moitos máis vínculos co municipal. Tamén foi directivo 14 anos do Xuven de baloncesto da man de Juan Luis Iglesias como presidente. E antes fora o presidente do seu Juventud de Cambados durante un ano cando o clube vivíu a caída de Segunda B a Terceria, despois daquela época marcada por presupostos insostibles.
Con todo, se hai un rol que lle tira especialmente é outro: «O que máis me gustaba ser ser adestrador». Gozaba cos alevíns ou os infantís, da formación, do detalle, de construir equipos. «Cheguei a coordinar e incluso en dous clubes á vez, en baloncesto e en fútbol», lembra.
É unha frase que encaixa coa súa maneira de ser: a do home que ordena, que organiza, que entende o deporte como escola de hábitos e respecto. Un cambadés con denominación de orixe que sabe que o seu pobo e deporte e cultura mesturados, comunidade e identidade. E Richard Charlín estivo durante décadas no centro desa filosofía tan de seu.
«Cambados necesita una inxección grande a nivel de instalacións»
Cando Richard entrou no Pombal, o mapa deportivo era moito máis sinxelo. Co paso do tempo, todo foi medrando arredor. Ese crecemento foi paralelo ao dos clubes. Charlín destaca o avance do atletismo, voleibol, fútbol, baloncesto… e un feito que resume o espírito local: «En Cambados practícase moito deporte».
O problema é que o éxito tamén trae presión. «As instalacións estanse quedando pequenas e é necesario un mantemento moito máis grande. Agora hai oito instalacións que atender». E deixa unha reflexión clara, case a modo de aviso. Cambados, di, «necesitaría unha inxección grande a nivel instalacións».
«Sería un orgullo para min que se manteña a Festa do Deporte»
Moita xente lembra a Richard pola súa presenza diaria, polo trato directo, polas solucións e tamén pola firmeza. Foi o que puxo máis empeño en instaurar a Festa do Deporte e recorda con cariño o apoio de Víctor Caamaño no seu cometido. « Espero que se manteña porque sería un orgullo para min», subraia.
A xubilación chega, e con ela o cambio de ritmo. Richard está «desconectando» e dándolle tempo ao que sempre queda para despois: a casa, os seus, a calma. «Agora o meu hobby é o neto Roi», di cun sorriso que se intúe na frase. Atrás quedan 40 anos e unha vida enteira adicada o crecemento do deporte cambadés.
Suscríbete para seguir leyendo
- Hallan sin vida al vecino de Vilagarcía desaparecido desde este jueves
- Muere un hombre por inhalación de monóxido de carbono en Meis
- Profesores duermen en las aulas para exigir «educación de calidad»
- La pleamar y la lluvia inundan el sótano del Auditorio de Vilagarcía
- Padre e hijo salen ilesos tras volcar su coche en Pontearnelas
- Una lluvia de cascotes sin fin en Cambados: «Hay 20 trozos en mi patio»
- La hamburguesa de A Illa que quiere traspasar fronteras
- Buen comienzo de la temporada de pelágicas en el «Chasula»