Entrevista | Sole Cores Presidenta da Asociación Esmar
«Un café para desafogar, ir ao xuízo... Sempre estamos aí»
O Asociación Esmar cumpre unha década axudando a aquelas mulleres que son víctimas da lacra da violencia de xénero, un traballo que se visibiliza nestas datas, coa celebración dunha serie de actividades co gallo do 25-N que se repartirán entre Cambados, Ribadumia e Vilagarcía.

Sole Cores é a presidenta da Asociación Esmar. / Iñaki Abella
A. G.
Presidenta desde hai seis anos de Esmar, Sole Cores nunca foi víctima da violencia contra a muller, pero coñécea perfectamente de vela nas olladas de todas aquelas que se achegan á asociación para pedir axuda ou simplemente un apoio que non atopan. Foi unha das fundadoras porque llo pediu unha amiga que si foi víctima desta situación e acabou implicándose na pelexa diaria que supón a violencia de xénero que, pese ao negacionismo que se imprantou nalgúns sectores da sociedade, existe.
Como e por que naceu Esmatr hai xa dez anos.
Esmar nace como unha resposta a unha necesidade, a de crear un espazo ou colectivo que respaldase a aquelas mulleres que eran víctimas de malos tratos. Foi precisamente unha desas mulleres a que dou o paso, impulsada tamén porque, naquel momento, ocorreran os crimes de Bretón. Ver aquela dor dunha nai animou a Maricarmen Torres a crear unha asociación como esta, que trata de apoiar en todo o que pode a aquelas mulleres que sofren violencia de xénero.
Unha das grandes reivindicacións de Esmar foi a creación dun punto de encontro seguro para as mulleres na comarca. Que foi o que pasou para que aínda non se crease?
Un pide, e dinche sempre que si de inicio, pero despois sempre veñen os peros, que se hai máis peticións, que se hai outras prioridades, ... Ao final quedou en nada. A verdade é que non insistimos moito porque os rapaces das mulleres as que apoiamos xa medraron e non fan uso dese punto, ao que se sumaba que desde as administracións nos dicían que se ía facer un noutro lugar e que para o do Salnés non había orzamento.
Pensa que segue sendo necesario un na comarca?
Aínda que nós non teñamos asociadas que o utilicen xa, seguimos pensando que é moi necesario. Cando o reivindicamos non era por un capricho, era porque o que existe en Pontevedra estaba totalmente saturado. Non sei como se atopa agora, pero obrigar a unha muller a ter que desprazarse ata Pontevedra non nos parece efectivo e telo nun dos concellos do Salnés sería moito máis cómodo para as usuarias.
Teñen constancia de casos graves de maltrato na comarca do Salnés?
A nós seguen a chegarnos mulleres que sufren maltrato na búsqueda dun apoio que non atopan noutro lado. Estou segura de que as que nos petan na porta son só o 1 ou o 2% das que o sufren. Hai un dato que creo que é relevante, o ano pasado, nun dos concellos nos que actuamos, sabemos que houbo máis de corenta denuncias por violencia de xénero, pero a maior parte non recorren a nós e moita xente non o fai público. É máis, moitas veces as mulleres van denunciar e saen dicindo que se soubesen todo o que se lles vén enrriba, non o farían, algo que unha sociedade como a nosa, que se supón avanzada, non debería permitir.
Actúa a xustiza todo o rápido que debería neste tipo de casos?
Os xulgados están colapsados e os xuíces retrásanse moito. Nós temos socias que levan máis dun ano agardando a que se trate o seu caso, máis dun ano agardando a que se lle resolvan cuestións básicas como a manutención, as visitas e demais cousas que deberían ser resoltas en pouco tempo, polo ben delas e dos seus fillos. Nós cremos que todo debería ser moito máis áxil para evitar que determinadas situacións se acaben alongando demasiado no tempo.
Nestes dez anos de actividade, non notou como unha especie de involución na sociedade, e sobre todo, na política, con respecto á violencia de xénero?
Nestes anos, o que estou vendo é que a política falan moito cara afora, pero cando unha asociación vai reclamar algo, danche todo tipo de excusas e acaban pasando olímpicamente de todo. Semella que importan máis outras actividadesque un proxecto que faga unha asociación que loita contra a violencia de xénero. De feito, hai en moitas ocasións que non se nos ten nin en conta. Un exemplo diso é o Concello de Ribadumia precisamente, onde temos a nosa dirección, acaban de aprobar a creación dunha mesa contra a violencia de xénero pero á única asociación que as súas integrantes son víctimas desa lacra nese concello, non se conta con ela. Igual temos algo que dicir e que aportar nun espazo desas características. Non digo con isto que as administracións nos dean as costas, é certo que hai axudas, pero ás veces dá a sensación de que algúns concellos actúan de cara a galería, con moi boas palabras pero poucos feitos.
Recentemente houbo problemas coas pulseiras telemáticas. É preocupante para as afectadas? Cónstalles que alguén do Salnés tivese algún problema por iso?
Tivemos unha socia que estivo anos coa pulseira e chegou a ter problemas pero, afortunadamente, o seu agresor está no carcere. Agora non temos ningunha, pero preocúpannos que pasen estas cousas. Nós temos que seguir co que levamos facendo todos estes anos, acompañar ás mulleres víctimas de violencia de xénero en todo aquilo que necesiten. Ir con ela a un xuízo, acompañala a un punto de encontro ou ata tomar un café para desafogar. Aí estamos sempre. Agora temos unha avogada para asesorar nestes casos pero sobrevivimos coa axuda do Concello de Ribadumia e cos donativos. Tamén contamos con moitas mulleres que, no seu día foron víctimas de violencia de xénero e quedaron para axudar a aquelas que o precisen. O que temos claro é que o maltrato segue sendo igual e esa problemática pouco ou nada cambiou nos últimos dez anos.
O acto principal do colectivo Esmar será a Gala do vindeiro día 30. Quen van ser os premiados?
Ímos lle dar un agradecemento a todos aqueles que nos axudaron durante estes dez anos, aquelas persoas que resultaron fundamentais para que esta andanza fose unha realidade, desde apoiarnos no arranque ata colaborar económicamente con nós. Cremos que esa xente merece un agarimo por todo o que nos aportaron e por estar ao pé do canón en momentos moi difíciles e moi complicados.
Suscríbete para seguir leyendo
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Centolla a 50 euros el kilo, camarón a 120 y nécora a 80, en las plazas de abastos
- Portos pone a la venta un velero varado en el muelle de Cambados
- Calzados Acosta, el comercio más antiguo de Vilagarcía que resiste tras más de 120 años de historia
- Pasa consulta en el centro de salud de O Grove sin estar activo en el Sergas
- Centollo en Galicia: 3 millones de euros en un mes
- Detenido en Vilagarcía por un presunto caso de violencia de género
- Los cazadores arousanos, tranquilos ante la peste porcina: «Aquí no hay tantos jabalíes»