Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Piden axuda para salvar a toponimia de Valga da extinción

Un experto falará dun proxecto a nivel Galicia para rescatalos do esquecemento

Valga

A asociación Os Penoucos e obaixoulla.gal buscan voluntarios para rexistrar microtopónimos de Valga que están en risco de desaparecer e como parte de un proxecto máis grande que se está a levar a cabo en toda Galicia.

De feito, esta vila e a de Dodro son os que teñen menos achegas do baixo Ulla e invita a asistir a un acto para mudar a situación. Terá lugar mañá venres, ás 19.00 horas, na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

O especialista en toponimia Vicente Feijoo Ares, da Real Academia Galega, impartirá esta charla para falar de Galicia Nomeada, un recurso dixital para salvagardar, divulgar e investigar a toponimia galega. Trátase dunha unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada a ela.

Esta ferramenta informática permite que o voluntariado cultural de Galicia (particulares, asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, centros de ensino, confrarías, entidades públicas e privadas...), desde un PC, tableta ou smartphone conectado a internet, poidan achegar os topónimos da súa aldea, parroquia ou concello, segundo unha metodoloxía predefinida, segundo explican dende a organización.

Calcúlase que se poden salvagardar máis de dous millóns de toponimia menor que siguen vivos na memoria da cidadanía e dos cales, «a meirande parte están ameazados co risco de desaparecer debido ás transoformacións dos modos de vida tradicionais».

Polo de agora, nesta zona, Valga e Dodro son das que menos aportacións teñen e de aí esta iniciativa que busca rexistrar eses nomes tan propios e especiais mentres sigan vivos e por iso piden a participación de cantos máis veciños, mellor.

Tracking Pixel Contents