Vilagarcía e O Grove participarán en acción a prol da lingua galega
Os dous municipios forman parte de Alingua, que asinou un protocolo coa Real Academia para realizar un mapa sociolingüístico

Presentación do acordo entre a Real Academia Galega (RAG) e Alingua. / FDV
Os presidentes da Real Academia Galega e da Asociación de Entidades Locais pola Lingua (Alingua), á que pertencen os concellos de O Grove e Vilagarcía entre outros, asinaron un protocolo de colaboración co obxectivo de desenvolver conxuntamente iniciativas para a promoción e a difusión do galego. Ao abeiro deste acordo, ambas as entidades agardan impulsar a realización de mapas sociolingüísticos escolares nos municipios que forman parte de Alingua e mais a extensión do proxecto de investigación e acción para a infancia «Modo galego, actívao!», promovido polo Seminario de Sociolingüística da RAG.
«A Real Academia Galega congratúlase de poder chegar a un acordo que reforza o compromiso de case unha vintena de concellos co reto colectivo de atallar a ruptura da transmisión interxeracional do galego», salienta o presidente da Academia, Henrique Monteagudo. «Afrontamos un desafío que esixe medidas desde diversos estamentos, empezando polo goberno autonómico, pero as administracións locais poden explorar tamén novos vieiros e adquirir un rol de maior relevancia. Por iso valoramos especialmente que, a través deste protocolo, as entidades socias de Alingua reafirmen a súa vontade de seguir a dar pasos nesa dirección, nesta ocasión en colaboración coa RAG e seguindo o ronsel do proxecto piloto que desenvolvemos da man do Concello de Ames, que é parte desta rede», engade.
«Este protocolo é un bo punto de partida para que os concellos empecen a traballar coa RAG, para socializar as súas contribucións, e tamén para que o traballo que xa están a facer as administracións locais colla máis pulo», apunta o presidente de Alingua. «Permitiranos avanzar nun ámbito clave, o do uso da lingua na vida cotiá da infancia máis alá da educación regrada, neses espazos de convivencia onde se constrúe a identidade lingüística de verdade. Modo galego, actívao! demóstranos que podemos intervir con metodoloxía e, sobre todo, con avaliación, algo esencial sempre e máis na aplicación de políticas lingüísticas», valora Ramón Varela.
O protocolo entre a RAG e Alingua rubrícase dous meses despois da celebración en Rois dunha xornada na que os concellos desta rede coñeceron en detalle Modo galego, actívao!, o programa para a infancia que naceu froito da colaboración entre a RAG e o Concello de Ames que arrincou no ano 2018. O primeiro paso nesta alianza foi a elaboración do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, un exhaustivo diagnóstico que serviu de punto de partida para o deseño do proxecto de inmersión lingüística, que se basea nunha serie de actividades e reflexións para normalizar o uso do idioma non só no día a día nas escolas amesás, senón tamén nas actividades extraescolares, de lecer, tempo libre e conciliación familiar xestionadas pola administración local. «Concibimos desde o primeiro momento Modo galego, actívao! como un banco de probas no que ir desenvolvendo medidas para reverter o forte efecto desgaleguizador nos nenos e nenas desde as idades máis temperás que se constatou no acceso ao sistema educativo. E fixémolo coa idea de que sexa extensible e replicable noutros concellos do país.Desde a Academia ofrecemos orientación e apoio, o protagonismo corresponde agora a cada localidade e ás respectivas comunidades educativas», explicou Henrique Monteagudo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Investigan si fue atacada una joven de Vilagarcía herida grave con un cuchillo de cocina
- Una pareja crea el primer local de alquiler de trasteros de Vilagarcía
- Buscan a un joven desaparecido en Vilagarcía
- El mejor centollo de Galicia se va al restaurante preferido del rey emérito
- Centollo de O Grove: 4.239 kilos de calidad
- O Grove: 17 toneladas de centollo y 300.000 euros en cinco días
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR