Amigos de Fefiñáns remata a homenaxea a Díaz Pardo
Senén López abordará a figura do escritor na Casa da Calzada
A Asociación de Amigos de Fefiñáns rematra os actos en homenaxe a Isaac Díaz Pardo no día de hoxe coa conferencia do historiador da cultura galega, Felipe Senén López Gómez, titulada: «Vida, milagres e espolio de Díaz Pardo. A conferencia celebrarase a partires das 20.00 horas na sala Pitusa Cabanillas da Casa da Calzada.
Nesta homenaxe que organizou a asociación participaron tamén varios comercios de Cambados, como Sansatur e Foto Vázquez, que teñen decorados os seus escaparates con motivos de Sargadelos para lembrar ao seu creador. Desde a Asociación animan a que se visiten eses puntos, pero tamén a exposición sobre a vida e a obra de Díaz Pardo, que estará ata o vindeiro venres no Museo Cabanillas. titulada «Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso», trátase de trinta paneis que repasan a súa vida desde o seu nacemento e que tratan de explicar a súa traxectoria vital e artística, tan importante para o galeguismo.
A mostra foi creada por profesores do IES de Ordes como un recoñecemento á figutra de Díaz Pardo e inclúe moitos detalles da súa vida, tanto no artístico como no social, cultural e político. A iso súmase que o programa da VII Semana Cultural da Asociación Amigos de Fefiñáns incluíu diferentes charlas como a de hoxe nas que se abordou o lado máis personal do artista, pero tamén todo aquilo que o vencellou a Sargadelos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- La pesca ilegal arrasa las rías
- El mejillón de Chile, Marruecos y Países Bajos preocupa en Galicia
- Otra víctima en las maltrechas zonas peatonales de Vilagarcía
- La Cofradía do Centolo Larpeiro cita a sus cofrades en la bodega Pazo Baión
- Mexillón de Galicia declara la guerra a los tarugos
- Los depuradores creen positivo que las cofradías reconozcan un «problema estructural» en el marisqueo
- Centollo y buey: dos especies migratorias que vuelven para desovar