A empresa que apostou pola vela tradicional
Adicada á reciclaxe de redes, Recinet Salnés é un dos maiores patrocinadores da navegación tradicional, con ata oito velas

O nome de Recinet Salnés loce nas velas de varias dornas. | Iñaki Abella
Comezou por culpa dun afillado que «me pedíu unha vela para competir coa súa dorna» e foise extendendo ata patrocinar non só oito velas que locen o nome de Recinet Salnés, se non tamén unha proba tan mítica da navegación tradicional como a Volta á Illa, como ocorreu na edición deste ano. Gregorio Lorenzo, responsable da empresa, que se adica á reciclaxe de redes de pesca, ten entre os seus patrocinados á dorna «Pereka», a gañadora das catro edicións da Copa Mörling, e outras sete dunha modalidade de navegación que «se debe dar a coñecer, porque é de xente de mar e, sobre todo, porque vén da nosa xente maior porque era a embarcación que utilizaban, por iso tratamos de pór o noso gran de area para que non corra o risco de perderse». Aínda que non posúe unha embarcación tradicional, Lorenzo recoñece que «sei o que é desfrutar da navegación nunha dorna e sei da importancia do traballo que realizan asociacións como dorna para protexer o noso patrimonio».
Recinet Salnés leva máis de dúas décadas adícasdaa un sector como é o tratamento e reciclaxe de redes de pesca, onde é unha referencia. «Collemos as redes dos barcos, separamos os diferentes elementos (nilon, polietileno, etc) e dámoslle unha segunda vida, que vai desde cordas de batea ata as carcasas de plástico dos ordenadores de sobremesa, pasando por pezas de coches, redes de atuneiros ou peches, aínda que o sector no que máis nos centramos é o mexilloeiro e acuícola», explica Lorenzo. A empresa recolle redes en case toda a costa da península ibérica, e incluso ten contratos de suministro de material con empresas italianas.

Gregorio Lorenzo e Héctor Suárez durante a Volta á Illa. / Iñaki Abella
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El mejor centollo de Galicia se va al restaurante preferido del rey emérito
- Una pareja crea el primer local de alquiler de trasteros de Vilagarcía
- Centollo de O Grove: 4.239 kilos de calidad
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR
- Gardacostas decomisa 540 kilos de centollo ilegal y precinta un barco en O Grove
- Galicia se queda sin mejillón, almeja y volandeira a las puertas de Navidad