O Festival Xironsa cumpre 25 anos contra vento e marea
O forte aire case arruína os concertos, recuperados este ano
De Vacas encabezou o cartel dunha xornada chea de actividades

A Banda de Ribadumia no seu concerto no festival de Corvillón. | Noé Parga |
O Festival Xironsa celebrou no día de onte unha edición moi especial en Corvillón, Cambados.
Por unha banda, tratábase do 25 aniversario dunha cita de importancia para a promoción da música galega de onte e hoxe, pero ademais, recuperaba o cartel de concertos de artistas e bandas máis alá dos aportados pola asociación organizadora.
Só o vento amolou os ánimos, pois por momentos sopraba tan forte que se chegou a pensar na suspensión. Pero ao final fixéronse algúns cambios no escenario, como a retirada de lonas que puidesen desprenderse, e a festa continuou.

Público do evento. | |
A xornada comezou con alboradas das agrupacións da casa e con Boudebou gaiteiros, dando paso ao concerto da Banda de Música Municipal de Ribadumia, que abriu apetito para o resto do día cunha actuación pensada para o festival. Tamén para o xantar de confraternidade na que participaron un bo número de comensais.
O programa da tarde chegou da man do espectáculo de humor, maxia, malabares e música «Cápsulas do tempo», do dúo conformado por John Jackson y Jack Johnson. Foi sobre todo un guiño aos máis cativos, pois un dos retos deste tipo de eventos é garantir un relevo xeracional. De feito, non faltaron os xogos tradicionais, aínda que non só atraeron aos de menor idade.

Noé Parga |
Un torneo da escoba mantivo ao público entretido ata que chegaron os seguintes concertos. Cantareiras de Madialeva foron as encargadas de empezar, pero o vento fixo das súas e detivo a actuación tras tirar algúns elementos de son. Foi cando se realizaron cambios no escenario para poder continuar.
Cabe recordar que o cartel tamén estaba conformado por Blues do País e o Sindicato da Verbena, Carapaus e De Vacas, como prato forte desta 25 edición.

Reparto da comida do gran xantar. |
Dende Xironsa levan meses traballando na organización dunha cita musical que viviu tempos mellores en canto a días de duración e cifra de concertos. Segundo se queixaron o ano pasado os seus membros, a falta de apoios suficientes para unha entidade das súas características, sen ánimo de lucro, e o incremento dos cachés dos artistas provocaron unha rebaixa na cantidade, que non na calidade, das edicións máis recentes dunha cita que, cabe recordar, non cobra entrada e non o contempla. De feito, o ano pasado quedou reducida ao xantar e ás actuacións dos seus grupos, pero este ano, sendo ademais o 25 aniversario, petaron en cantas portas puideron. Así, atoparon colaboración no Concello de Cambados, que entrou como coorganizador para aumentar a súa habitual aposta.
- Desarticulan un presunto punto de venta de droga en un domicilio familiar de Vilagarcía
- El turismo sobre ruedas toma Vilagarcía en autocaravanas
- «Los niños soñaban con jugar en el Madrid; yo, en el Céltiga»
- Cambados urge a la Xunta a desalojar una finca que necesita como estacionamiento
- Las primeras «electrolineras» de la red de O Salnés entrarán en servicio este mes
- La ría se llenará de barcos el miércoles 16 al coincidir hasta cinco procesiones del Carmen
- Nuevo susto con el edificio de Otero tras caer una chapa en el patio de una casa
- Aprendices de campanero debutan en el San Benito de Cambados