A Volta á Arousa celebra 40 anos de tradición viva

A regata e unha cita clásica.

A regata e unha cita clásica. / Cedida

A Illa

A Volta á Arousa é unha das regatas de dornas máis emblemáticas da ría, e este ano cumpre 40, de aí que vaia ser unha edición especial.

A Escola de Navegación Tradicional Dorna e a Concellería de Cultura da Illa presentaron onte unha programación que arrinca xa o vindeiro venres, 11 de xullo, coa apertura dunha exposición no Museo da Conserva. Posteriormente, proxectarase un video e a xornada rematará cunha foliada.

O día grande será o sábado, 12 de xullo, cunha regata matinal de dornas a remos que sairá dende O Naval, e, xa pola tarde, coa Volta á Arousa de dornas a vela. A saída será dende O Cantiño, ás catro da tarde. Os actos continúan xa en terra a partir das 20.00 horas, coa entrega de premios e os concertos, nos que actuarán grupos como Dakidarría ou Loita Armada. As actividades rematan o domingo cunha navegación libre con saída dende o peirao do Xufre.

Tracking Pixel Contents