O galego amosa o seu magnético poder
O IES Castro Alobre impulsa unha nova edición de «Magnetízate co galego», convertendo deseños do alumnado en 6.000 imáns que se reparten por comercios de Vilagarcía no camiño as neveiras de moitas casas. A campaña aposta pola creatividade para fomentar o uso do galego.

A delegación do IES Castro Alobre durante a visita ó Concello. | Iñaki Abella
Unha vez máis, o idioma galego énchese de cor e creatividade nas mans do alumnado do IES Castro Alobre. O instituto vilagarcián acaba de presentar unha nova edición da súa campaña «Magnetízate co galego», unha iniciativa que forma parte do programa municipal «Implicados co galego» e que suma xa máis dunha década poñendo en valor a lingua propia a través da arte e do deseño gráfico e, como non, da total identidade de toda a comunidade educativa do centro.
A proposta consiste nun concurso anual entre o alumnado de todos os cursos do centro, que este ano contou con máis de 150 deseños presentados. A temática era libre, pero con condicións: os imáns debían inspirarse na vila de Vilagarcía. Así, os traballos premiados reflicten espazos emblemáticos como o pazo de Vista Alegre ou a entrada da rúa Compostela, entre outros elementos patrimoniais da cidade que tamén serviron de inspiración.
A coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística do IES Castro Alobre, Ángela García, explicou que os deseños finalistas foron seleccionados segundo o nivel educativo, «porque non é o mesmo o traballo dun rapaz de 1º da ESO que o dun alumno de Bacharelato, pensamos que era o máis xusto». Dos máis de 150 deseños recibidos, escolléronse seis gañadores que foron reproducidos en 1.000 unidades por modelo e convertidos en coloridos imáns de neveira.
Os produtos foron repartidos na mañá de onte en arredor de cincuenta comercios da vila, que colaboran coa campaña entregando os agasallos á súa clientela. «Non só entregamos os imáns, senón tamén carteis cos deseños finalistas para decorar os locais e visibilizar a campaña!, indicou García. No reparto participaron dez alumnos do centro, que se achegaron persoalmente aos negocios para explicar a iniciativa e fomentar o uso do galego sentíndose ainda parte máis activa.

Unha alumna facendo entrega dos imáns en Lourido. | FdV
A campaña conta cun importante apoio do Concello de Vilagarcía, que achega os recursos económicos necesarios para a impresión dos materiais. Este ano, ademais, o equipo de normalización do instituto traballou man a man con Valentina Veiga, técnica municipal de normalización lingüística. No acto de presentación, celebrado no propio Concello, estiveron presentes a directora do centro, Adriana Lameiro, membros do equipo directivo e docentes implicados na campaña.
«Levamos máis de dez anos facendo esta actividade, e cada ano escollemos un soporte diferente», lembrou García. «Nalgún ano foron pousavasos, servilletas, manteliños, bolsas de tea ou caderniños… sempre buscando que a lingua galega entre nos fogares e na vida cotiá da xente, de forma útil e atractiva».
«Magnetízate co galego» é moito máis ca un concurso: é unha ferramenta educativa e social que fomenta o orgullo lingüístico, estimula a creatividade xuvenil e conecta á comunidade educativa co tecido comercial da vila. Un exemplo máis de que o galego pode estar presente en todas partes… mesmo na porta da túa neveira.
Suscríbete para seguir leyendo
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Las ballenas del Mediterráneo veranean en las Rías Baixas
- Veteranos legionarios de Galicia se reencuentran con Vilanova como sede
- Vilagarcía y el arzobispo Andrade
- Rías Baixas espera una cosecha sana y que incluso podría ser mayor que la de 2024
- Un millón de euros por la vieja nave de Alimentos Arosa en Cambados
- Familia, solidaridad y glamur tras la marca La Toja