A noite que converte en cinzas o patrimonio
Varias dornas serán usadas como combustible en fogueiras da comarca do Salnés

Unha embarcación tradicional nunha fogueira de San Xoán. / FDV
Coas limitacións económicas que teñen as asociacións adicadas á preservación do patrimonio marítimo na comarca do Salnés non se pode conseguir recuperar todas as embarcacións tradicionais e un bo feixe deles pasarán esta noite a convertirse en borralla ao ser utilizadas como combustible nas fogueiras de San Xoán. Non por descoñecida a situación causa menos dor a aqueles que levan décadas tentando manter o rico legado mariñeiro que posúe a ría de Arousa.
Este ano, nun simple paseo pola beira de moitas das praias da Illa, Vilanova, O Grove ou do norte da ría, os integrantes das asociacións xa viron como as fogueiras que se están preparando agochan a quilla dalgunha dorna que, ata hai ben pouco, participaba nos campeonatos que se organizantodos os veráns, deixando un fondo pesar entre eles ante a imposibilidade «ver que non somos capaces de chegar a todo, porque moitas desas dornas, cun pequeno mantemento, podían estar en perfectas condicións para navegar». Cada San Xoán son unhas ducias de barcos tradicionais os que sucumben baixo a fame feroz das lapas que devoran a madeira nunha noite máxica para o mundo, pero aciaga para o patrimonio. De feito, non é a primeira vez que se consegue salvar algunha desas dornas no último intre, cando xa a fogueira está montada e tan só falta prantarlle lume. Ocorreu o ano pasado, cando os membros da Escola de Navegación Tradicional evitaron que unha dorna desaparecese para recuperala nos cursos de carpintería de ribeira e que volvese a navegar este mesmo ano despois de rebautizarse.
Son os menos dos casos, xa que o normal é que acaben formando parte das cinzas que deixa a celebración nocturna e deixando un oco imposible de cubrir. O lume non é a única vía que acaba matando as dornas, existe outra igual de dramátrica pero moito máis lenta, a de apodrecer nunha praia despois de ser abandonada. Isto ocorreu, por exemplo co galeón «Nova Sofía», o primeiro que se recuperou na ría de Arousa que, despois de ser un dos grandes emblemas da flota tradicional, acabou os seus días varado nunha praia agochada da ensenada do Esteiro, donde tan só queda xa parte da madeira totalmente apodrecida.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- «Nunca hemos querido ser un festival grande, pero sí un gran festival»
- Rías Baixas espera una cosecha sana y que incluso podría ser mayor que la de 2024
- «El Atlantic Fest es uno de los festivales consagrados por cartel y organización»
- El Atlantic Fest concede a Vilagarcía el privilegio de un evento para presumir y disfrutar
- Las procesiones del Carmen de O Grove y Carril suman más de 50 embarcaciones
- O Salnés afronta la temporada alta con lleno de turistas, aunque con estancias más cortas