«Nécora» e «Jalerna» rompen a hexemonía de «Pereka» na Copa Mörling
As augas de Cambados ofreceron espectáculo coas dornas navegando a toda vela

Dornas navegando na beira da Torre de San Sadurniño no día de onte. / Noé Parga
Aínda que se mantén ao frente da clasificación xeral ad IV edición da Copa Mörling grazas ás súas victorias na Illa (Triángulo do Cantiño) e en Portonovo (Regata do Sepelo), «Pereka» viu onte como se rompía a súa hexemonía ao cruzar en terceira posición a liña de chegada da Regata do Salnés. Por diante dela xa cruzaran esa liña a «Nécora» (de Braulio García e Adelino Santamaría) e a «Jalerna» (de Ricardo e Manuel Dios), outras dúas embarcacións da Illa que se manteñen como as grandes alternativas á dorna que patronea José Antonio Dorado e ten como tripulante a Alberto Vicente «Chicaposas».
Preto do antigo peirao de San Tomé de Cambados concentráronse as 24 dornas participantes na terceira das probas da Copa Mörling. O vento era ideal para a navegación polas augas de Cambados e para completar o triángulo sobre o que xiraría a proba. A saída foi en pelotón, con algún «toque» entre embarcacións que non foi a maiores. A imaxe de todas as dornas navegando podía seguirse desde a Torre de San Sadurniño, e foi preto dese monumento onde varias dornas, por culpa da marea baixa, non calcularon ben e acabaron atrapando o timón nun banco de area. Todas elas continuaron navegando sen problema unha vez superaron ese atranco. Por diante, «Nécora» e «Jalerna» conseguían dar a sorpresa ao superar á «Pereka», que tiña que conformarse coa terceira praza da clasificación, mentres por detrás chegaba á liña de meta a grovense «Fuxe», con Manuel e Brais parada como tripulantes.
Con esta proba finaliza a primeira parte da Copa Mörling que, agora, afronta unha época de descanso para regresar a finais de agosto. Este descanso vén motivado pola celebración dos Encontros de Navegación Tradicional de Ribeira, que se celebran entre o 17 e o 20 de xullo e no que van a participar moitas das dornas que había onte en Cambados. A próxima regata será o 31 de agosto e será a Reiboa de Combarro. A Copa decidirase o 16 de setembro, cando se celebre a Regata Camping Miami no Grove.
- A Illa advierte de que la picaresca en la zona residencial puede multarse con hasta 10.000 euros
- José Andrés y Los Peperetes saborean alianzas y amistad en Carril
- Desarticulan un presunto punto de venta de droga en un domicilio familiar de Vilagarcía
- Medio centenar de autocaravanas acamparán en Vilagarcía mañana
- El turismo sobre ruedas toma Vilagarcía en autocaravanas
- Tranquilidad total en el Atlantic Fest
- «Los niños soñaban con jugar en el Madrid; yo, en el Céltiga»
- Cambados urge a la Xunta a desalojar una finca que necesita como estacionamiento