«Pereka» afianza o seu dominio na Copa Mörling
A dorna da Illa fíxose coa victoria na proba do Triángulo do Cantiño, disputada o sábado

Alberto Vicente e José Antonio Dorado (de vermello) son os tripulantes da «Pereka». / FDV
Segunda cita da Copa Mörling e segunda victoria de «Pereka». A dorna que patronea José Antonio Dorado e que ten como tripulante a Alberto Vicente «Chicaposas», foi profeta na súa terra e levouse un Triángulo do Cantiño moi disputado, no que apareceron en escea novas dornas para tratar de acabar co dominio que os arousáns teñen deste certame que organiza Culturmar desde que comezou, hai xa catro anos.
A «Pereka» pronto se fixo coa cabeza da proba, sempre en dura loita con «Fuxe», unha dorna do Grove, tripulada por Manuel e Brais Parada, que xa pelexou en algunha ocasión polo título global da Copa Mörling. As dúas acabarían cruzando a liña de meta nas dúas primeiras posicións, mentres a terceira praza acababa nas mans doutra das grandes favoritas, a «Nécora», tamén da Illa de Arousa e tripulada por Braulio García e Adelino Santamaría. A cuarta praza foi para «Abuelo Tucho» e a quinta para «Selosa».
A proba transcurriu sen incidentes e cun tempo espectacular para a navegación, sendo seguida por terra por un nutrido grupo de persoas, xa que a saída e unha das boias atopábanse nas inmediacións do peirao do Xufre. Foi nese punto onde tamén estaba establecida a chegada. Os premios aos mellores dorneiros entregáronse ás portas do Centro de Interpretación da Conserva da Illa, onde participaron varios concelleiros do bipartido.
A seguinte cita da Copa Mörling será o vindeiro sábado, coa celebración da Regata do Salnés en Cambados, onde se poderá seguir a regata desde un lugar tan emblemático como a Torre de San Sadurniño. Por mor da celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais deste ano en Ribeira, onde van acudir moitas das dornas que participan na Copa Mörling, a competición terá un descanso de dous meses, retomándose o día 30 de agosto coa celebración da Regata da Reiboa en Combarro, na ría de Pontevedra. A competición completarase o 13 de setembro, con a Regata Camping Miami no Grove.
- Desarticulan un presunto punto de venta de droga en un domicilio familiar de Vilagarcía
- El turismo sobre ruedas toma Vilagarcía en autocaravanas
- «Los niños soñaban con jugar en el Madrid; yo, en el Céltiga»
- Cambados urge a la Xunta a desalojar una finca que necesita como estacionamiento
- Las primeras «electrolineras» de la red de O Salnés entrarán en servicio este mes
- La ría se llenará de barcos el miércoles 16 al coincidir hasta cinco procesiones del Carmen
- Nuevo susto con el edificio de Otero tras caer una chapa en el patio de una casa
- Aprendices de campanero debutan en el San Benito de Cambados