«A xente en Vilanova venos con ilusión porque seguimos tendo ideas»
O Partido Popular de Vilanova festexa hoxe cunha gran comida de confraternidade os trinta anos de goberno de Gonzalo Durán

Vilanova Gonzalo Duran con su primer y su ultimo cartel electoral. / Iñaki Abella
A. G.
Asegura que segue coa ilusión do primeiro día e que non se prantexa deixalo nin moito menos. Trinta anos despois da súa toma de posesión como alcalde, que se cumpren hoxe, Gonzalo Durán afronta todo o que fai coa mesma enerxía daquel primeiro día no que entrou no despacho do Concello de Vilanova.
Nalgún momento pensou que chegaría a cumprir trinta anos no goberno de Vilanova?
Ao principio? Nin de broma. De feito, podo dicirche que despois dos catro primeiros anos, díxenlle ao que era presidente provincial, Manuel Abeledo, que case mellor me ía porque podía seguir traballando de médico. Quen conta estar trinta anos de alcalde? Penso que moi poucos o poden pensar porque necesitas a confianza da xente para chegar tan lonxe e custa gañala.
Como foi o seu primeiro contacto coa Alcaldía?
Foi en plena segregación e coa maior parte do persoal que entrara no Concello cun goberno de esquerdas. Tivo que ser moi prudente, había que entrar con moito coidado, non como un elefante en cacharrería, porque había xente que te miraba con recelo , outros con enemistade e outros con temor ao cambio. Penso que lle pasa a calquera traballador, por iso fun moi «suaviño» porque había que seguir traballando e mantendo os servicios. Como hai que facelo, sen enfrontamentos e paso a paso.
Como se topou aquela Vilanova e como cre que se atopa agora o concello?
Era unha Vilanova en plena segregación, descoñecida porque o que aparecía en todos os lados era A Illa, incluso había xente que confundía Vilanova con Vilaxoán. Non se identificaba fóra de aquí. Para min era unha época triste, non había xente paseando pola rúa, era un pobo con moi pouca vida e estaba todo centrado na Illa. Agora é moi distinto, agora somos un pobo vivo, con moita xente moza, ..., cambiou moito.
En trinta anos houbo moitos proxectos, de cal estaría máis orgulloso?
Se cadra do que non se ve. Daquilo que fixemos ao principio, de darlle alcantarillado e auga a todas as parroquias. Iso non se ve, todo o mundo fala da pasarela, do Auditorio Valle ou do Museo, pero eu do que estou orgulloso é de ter enterrados moitos cartos dotando a Vilanova de servizos básicos, moito antes que outros concellos de arredor.
E cal pensa que puido ser o seu maior erro?
Erros cométense moitos, pero ao final foron saíndo os proxectos. Quizáis opoñerse á segregación da Illa cando estabamos na oposición porque resulta que agora nos levamos mellor todos e os dous concellos son viables, cando semellaba que non ían a selo. Igual deberíamos telo negociado máis porque daquela estabamos convencidos de que non era boa para Vilanova e obramos en consecuencia, pero sabendo o que somos agora, non valía a pena terse oposto.
Nalgún momento pensou en deixalo durante estes anos?
Todos, desde sempre. Non deixalo porque non me atope ben de alcalde senón porque a min tírame a medicina. Sígoa practicando, entre aspas, obviamente sen ánimo de lucro, pero boto moitas cousas de menos. Teño un grupo de amigos que moitos son médicos e falamos moito de medicina, e boto de menos o oficio. Moitas veces pénsoo, pero estou moi contento.
Cal foi o seu peor momento nestes trinta anos?
Os peores momentos non son cuestións de traballo. Para min son as traizóns. A traizón do que agora é alcalde de Meaño quitoume as gañas de volver á Mancomunidade do Salnés, non quero saber nada diso e céntrome en vilanova. Levo moi mal a traizón e a mentira, e esa foi unha delas, aínda que houbo algunha máis.
E o mellor?
Moitísimas cousas. Unha que me ten moi satisfeito é o tema dos peregrinos. Superou todo o que pensabamos. Cando comezamos, se viñan vinte ou trinta ao día xa era todo un éxito, pero o outro día tíñamos a 200 aí. Nunca pensamos que ía traer tanto turismo á comarca. É algo que nunca deixará de sorprenderme.
Teme que tantos anos poidan xerar cansazo no electorado?
É unha cousa que se podería pensar, pero o que estamos vendo é que cada vez imos a máis que é un tema curioso e a estudar. De momento, non se apreza ese cansazo na xente. Estamos preparando agora a comida e vén máis xente agora da que veu no Nadal, que é a comida tradicional do partido. Creo que isto se debe a que a xente nos ve aínda con ilusión, non ve un proxecto acabado porque nos ven con gañas de facer cousas seguido. Incluso hai quen pide trinta máis, iso significa que ven futuro.
Algunha vez quixo dar o salto máis arriba?
Nunca. Sempre tiven moi claro que da Alcaldía ía para a consulta. De momento, quero seguir aquí, pero non a outro cargo, e iso que tiven oportunidades e puiden pedir cousas, pero nunca estiven interesado porque esta é a política que me gusta.

Durán cumple treinta años como alcalde de Vilanova. / Iñaki Abella
«Fraga tiña unha cabeza moi ben amoblada, pero moito carácter»
Un líder da oposición
Germán Martínez. Tocoulle de casualidade, cando foi a segregación. É un home que agora ten máis de 80 anos e era paciente meu en Baión e arranxábamos as cousas tomando un café. Os veciños preguntábannos que facíamos xuntos cando nos vían.
Talasoterapia
Un proxecto que imos a comezar agora.Polígono de BaiónVai ser o futuro de Vilanova.
Chacha para todo
Esa foi unha frase sacada totalmente de contexto.
Centro comercial
Parece que vai ser unha realidade.
Rural de Vilanova
Penso que é un dos grandes valores de Vilanova. É o seu forte. Hai xente daquí do casco urbano que incluso non o entende, pero a fortaleza e o futuro de Vilanova está no seu rural e na industria.
A Illa
Desde a segregación, nunca houbo mellor relación. Non só eu, senón todos os veciños.
Con cal dos catro presidentes da Xunta se quedaría?
Intelectualmente e máis capacitado, Manuel Fraga. Non co que máis coincido polo seu talante, xa que era un home con moito carácter e un pouco brusco no trato, pero tiña unha cabeza moi ben amoblada. O máis próximo dos que tiven é agora, Alfonso, e non ten moitas diferencias con Alberto, os dous son moi afables no trato. Con Touriño non tiven case relación porque nos marxinou moito.
E dos presidentes do goberno?
Co que tiven sempre máis relación foi con Mariano Rajoy. Falar con Felipe González ou con Aznar poderíame ter aportado cousas. Con Zapatero e Sánchez pouco vexo que aproveitar nunha conversa, mentres con Mariano tiven moitas conversas en público e privado, e incluso o considero un amigo.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Catoira pide «responsabilidad» en el disfrute de la laguna donde falleció el menor caldense
- Una vilanovesa pelea contra un error administrativo que compromete su nota de la PAU
- El Atlantic Fest convierte los campings en la solución a la falta de plazas hoteleras
- Vecinos de Trabanca Badiña llaman a la protesta por razones de inseguridad
- Paco & Lola presenta en sociedad su vino para beber con hielo y su albariño sin alcohol
- A Illa rompe récords en la procesión del Carmen