«Pereka» acada o primeiro posto no inicio da Copa Mörling
A dorna da Illa volveu amosar os motivos que a levaron a gañar as tres edicións anteriores | «Nécora» foi a segunda clasificada

José Antonio Dorado e Alberto Vicente (ambos de verde) reciben o premio da regata. / FDV
A. G.
A regata do Sepelo, disputada en augas de Portonovo, foi a encargada de abrir a cuarta edición da Copa Mörling, a particular homenaxe que Culturmar tributa ao etnógrafo sueco Staffan Mörling pola contribución á investigación da vela tradicional galega. Esta edición da Copa rematou como acabou a anterior, coa dorna «Pereka» entrando primeira na liña de chegada, con José Antonio Dorado como patrón e Alberto Vicente «Chicaposas» como tripulante.
Os da Arousa souberon aproveitar as boas condición para a navegación para fuxir do resto de embarcacións que participaban na proba, 25 en total, e cruzar a liña de chegada en primeira posición. Detrás deles chegou outro barco da Illa, a «Nécora», con Braulio García como patrón e Adelino Santamaría como tripulante. Compretou o podio a tamén arousá «Selosa».

A «Nécora» de García e Santamaría, entrando na meta. | FDV
A do Sepelo é a primeira das regatas da Copa Mörling este ano, un certame que terá continuidade o vindeiro sábado na Illa, onde terá lugar o Triángulo do Cantiño.
- Uno de los rescatadores de Areoso: «Una hora más y no lo cuentan»
- Valga cierra el plazo para solicitar hogueras el viernes
- Los nuevos viñedos de Rías Baixas brotan con fuerza
- Las estrecheces presupuestarias obligan a variar el tradicional recorrido de la procesión del Carme de A Illa
- Las fuentes de Arzobispo Lago vuelven a las andadas
- Ya es oficial: el centollo se va de veda en toda Galicia
- Estupor ante la apertura de más zanjas en la calle Conde Vallellano de Vilagarcía
- El lunes habrá sardina fresca del «xeito» para San Juan