TRIBUNA | Álvaro Carou, vicesecretario general de Estratexia Territorial del PSOE de Pontevedra

Sobre a nova Deputación

El concejal socialista Álvaro Carou.

El concejal socialista Álvaro Carou. / Iñaki Abella

Álvaro Carou

Vilagarcía

Alcanzado case o ecuador do mandato provincial, toca valorar e falar das importantes políticas públicas de carácter social, “ironía modo on”, pensadas para mellorar o benestar da cidadanía; de quen obrigou a renunciar a 16 membros do PP de Rodeiro da lista electoral que él pechaba, (pouco se fala disto), para despois dun resultado inesperado poder facerse co posto de presidente da Deputación, á conta de cargarse a todos os seus compañeiros e compañeiras.

Si, falamos de Luis López, o político do eterno sorriso. Tras dous anos á fronte da institución poderíamos resumir as súas principais accións en:

• Convocar ás distintas asociacións veciñais en actos pola provincia, (con viño español mediante, que non falte por suposto), para repartir cheques a discreción en modo “moderno”, coma se de “padriño que lle leva a pascua ao afillado” se tratase.

• Acudir a sacarse a foto, (diso sí que non se lle pode negar que fai kms), disfrazado co seu habitual sorriso de político campechano, ás obras que, ideadas polos distintos alcaldes e alcaldesas cos seus equipos de goberno, cos cartos que lles corresponden aos seus veciños, pero cunha posta en escena cinematográfica e discurso megalómano, coma se se lle ocorreran e as levase a cabo ou construise case el mesmo…

• Ou accións que sí levan o seu selo realmente como “+ convivir peques”, unha sorte de despregamento de inchables xigantes para nenos e nenas con merendola gratis por suposto e un escenario para, mentres os nenos e nenas xogan, nun exercicio de derroche de medios e cartos públicos, dedicarse a lanzar discursos políticos aos pais e nais á vez que o Dj do evento mete cuñas a viva voz de “Viva a Deputación” ou “viva o presidente”. Por certo, o colexio acumula lixo, unha semana despois desa celebración, afectando ao desfrute do recreo dos nenos e nenas.

Iso sí, case hai que darlle as grazas “por idear” o Plan Máis Provincia, que non é máis que un cambio de nome ao “Plan Concellos” co que a anterior Deputación socialista repartiu os fondos por primeira vez nesta provincia con criterios obxectivos e de equidade, convertendo en dereitos dos municipios a libre elección dos proxectos, obras e melloras que estes executamos.

Despois de todo iso aínda é capaz de presumir de dous anos de xestión (co seu modus operandi), e de acusar de deslealdade ao PSOE, e faino quen habitualmente se planta, sen aviso previo, en edificios municipais, casual e exclusivamente, con concelleiros do PP na oposición, sen avisar aos gobernos locais, no que é unha total falta de respecto institucional ou, ao revés, nas localidades onde gobernan os seus, “tamén se olvida” de convocar á oposición no que é un total ninguneo.

Estou seguro que verían a concelleiros do PP de Vilagarcía en actos da Deputación en Vilagarcía, pero non terán a ocasión de ver a concelleiros da oposición de, por exemplo, Ribadumia ou Meaño nos actos alí celebrados.

A isto chámanlle estabilidade e respecto institucional, o selo PP. Estas son as “novas formas” da actual Deputación de Pontevedra, nin máis nin menos que a volta a un escuro pasado que os socialistas desterraramos dunha institución como a provincial que nos pertence a todos os cidadáns por igual.

Volveuse así á política de compra de vontades con diñeiro público e ao caciquismo ao servizo do PP. Miren a moción de censura na Mancomunidade do Salnés, onde o concelleiro independente que a favoreceu que ademais “é oposición” ao PP no seu concello, acabou contratado na Deputación de Luis López. É isto o que a sociedade de Pontevedra se merece? Demostra Luis López, coas seus habituais postas en escena, grandes dotes de actor para unha nova saga de “Regreso ao Futuro”. Iso si, sempre co seu sorriso e modos de campechano, e por desgraza este país xa sabe o que ocorre con “certos campechanos”.

Dentro de dous anos a cidadanía valorarán as políticas e as formas. Veremos como acaba “esta película”.

Tracking Pixel Contents