Rubiáns celebra con éxito a segunda edición de «As Letras no Souto»

Rubiáns celebra con éxito a segunda edición de «As Letras no Souto»
A asociación de veciños O Souto de Rubiáns celebrou na noite do sábado a segunda edición do seu festival «As Letras no Souto». Ata doce agrupacións, chegadas de diferentes puntos de toda a provincia, compareceron sobre o escenario mentres máis de 300 personas gozaban da música e o baile tradicional no centro sociocultural da parroquia vilagarciá. Tal foi o entusiasmo dos participantes e do público que ao remate das actuacións, todos se uniron para tocar o pasodobre «Leixaprén», composto por «Juan, o gaiteiro de Cornazo», moi querido en Rubiáns. O evento prolongouse durante máis de 3 horas e, por se fose pouco, a festa continuou no exterior do local ata case as tres da madrugada. En definitiva, toda unha xornada de festa, tradición e pertenza que non fixo máis que confirmar que O Souto contará o vindeiro ano cunha terceira edición de este evento.

Rubiáns celebra con éxito a segunda edición de «As Letras no Souto»
- La Guardia Civil ya piensa en las motos de agua
- Rescatan a tres canoístas que regresaban a A Illa desde Areoso
- La viña desborda: vegetación «exagerada» y granos tamaño guisante
- Última fase de traslado a Catoira de la maquinaria de STAC y sus trabajadores
- El IES Francisco Asorey, entre los ocho mejores centros de Galicia en la PAU
- La Máster Senior League llena Vilagarcía de baloncesto, amistad y recuerdo
- Dos heridos en una pelea con un vaso roto en el centro de Vilagarcía
- Fiesta por el visionario que transformó Cornazo