Ribadumia honra á Banda Municipal na festa do galego
O Concello homenaxea á veterana entidade musical na oitava gala das Letras

A Banda de Música Municipal de Ribadumia recibiu o galardón na gala. | FdV
O Concello de Ribadumia rendeulle homenaxe á Banda Municipal de Música antonte, sábado, durante a oitava edición da Gala Ribadumienses a prol do galego. Trátase dunha homenaxe que instaurou o municipio arousano para recoñecer a persoas ou entidades que, dun ou doutro xeito, se distinguiron polo seu apoio á lingua galega.
Na súa primeira edición, o galardón foi para o párroco Dositeo Valiñas, e posteriormente o recoñecemento foi para o mestre e escritor Hernando Martínez Chantada, para a Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia, ou o clube de fútbol Umia, entre outras asociacións e persoas particulares.
O acto do sábado comezou cunha homenaxe as cantareiras e á poesía de transmisión oral. A continuación, emitiuse un traballo audiovisual no que os veciños do Fogar de Maiores de Ribadumia recitaron unha serie de cancións populares. Tras eles tamén interpretaron unha canción os nenos da Escola de Ocio.
A concelleira de Cultura de Ribadumia, Mar Rey, explica que incluíron no vídeo a actuación infantil, «temos que transmitir o legado dos maiores aos máis pequenos para para que se conserve».

Ribadumia honra á Banda Municipal na festa do galego
O premio consistiu nunha figura de Sargadelos adicada á poeta Rosalía de Castro, e foi entregado polo alcalde David Castro a unha representante da banda de música, Esther Serrano. Como non podía ser de outro modo, a gala rematou cun concerto da Banda Municipal, que interpretou o himno galego, momento no que a maior parte dos asistentes se ergueron das súas butacas.
A Banda Municipal de Música de Ribadumia nace no ano 1998 e ten un longo palmarés de premios. A proposta da homenaxe partiu do grupo de goberno e foi secundada por unanimidade no pleno municipal.
- Uno de los rescatadores de Areoso: «Una hora más y no lo cuentan»
- Valga cierra el plazo para solicitar hogueras el viernes
- Los nuevos viñedos de Rías Baixas brotan con fuerza
- Las estrecheces presupuestarias obligan a variar el tradicional recorrido de la procesión del Carme de A Illa
- Las fuentes de Arzobispo Lago vuelven a las andadas
- Ya es oficial: el centollo se va de veda en toda Galicia
- Estupor ante la apertura de más zanjas en la calle Conde Vallellano de Vilagarcía
- El lunes habrá sardina fresca del «xeito» para San Juan