Ecuador del mandato municipal | Susana Domínguez Concejala del BNG de Meaño

«Doe moito que no Concello de Meaño se invista mais en asfalto que no social»

Momento no que Susana Domínguez xura o cargo coma concelleira do BNG en Meaño. |  T.H.

Momento no que Susana Domínguez xura o cargo coma concelleira do BNG en Meaño. | T.H.

Meaño

Recoñecida socialmente polo seu labor de clarinetista da Unión Musical de Meaño, combina o seu campo profesional no ensino coa colaboración en diversas agrupacións galegas, entre elas o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, da cal é soprano desde 2011. En xuño de 2023, veuse proclamada como edil do BNG ante a renuncia do número 1, Diego Rosal, e acaba de tomar posesión do cargo.

-¿Como está resultando a súa estrea na política, exercendo como único edil e portavoz do BNG?

- Moi positivo. Ofréceme a ocasión de propoñer ideas nos plenos e loitar desde aí contra as inxustizas: a situación do Centro de Saúde de Coirón, o desprazamento de lingua… Estar aí, implica unha responsabilidade falando como representante dun grupo, pero noto que o grupo acompáñame, arroupame e non me sinto soa.

-Con dous anos de edil: que ámbitos da veciñanza meañesa ve máis descoidados por parte do actual Goberno local?

-Os servizos públicos sociais e o rural. No primeiro non se avanza na conciliación, o Centro Rural Polivalente de As Covas para os maiores segue como fai décadas, sen melloras, con problemas de persoal, mesmo con peches, a Escola Infantil veu recortar o seu horario… Este alcalde, amparado na súa maioría, non se está poñendo ao carón dos veciños. En canto ao rural falta planificación nos desbroces, no coidado de espazos…

A protesta polo centro de saúde

-Poña algún exemplo que ilustre o que di.

-O último, o asunto da sanidade coa ausencia do médico no Centro de Saúde de Dena. Cando iso ocurríu en Meaño no Centro de Saúde de As Covas, Carlos Viéitez estaba fóra do PP pola expulsión. Daquela convocou unha concentración para aparecer el detrás dunha pancarta en defensa da sanidade pública. Agora, unha vez volto ao curro do PP, e tal como está a situación en Dena, non fixo unha soa xestión para solucionalo, e moito menos posicionarse en defensa da sanidade pública como entonces. Outro exemplo é Altri: cando presentamos unha moción de rexeitamento para a instalación desta empresa en Galicia, non apoiou ese rexeitamento, sabendo que ía contra os veciños, pero el púxose de perfil e agachouse, como adoita facer… Mentras, outros alcaldes do PP foron máis coherentes, e mesmo apoiaron ese rexeitamento a Altri, pero Meaño non.

-E no rural, que vostede comentaba?

-Un exemplo: en Vista Alegre en Cobas hai un muro caído, que lle levamos recordando fai tempo… Vai para dous invernos que está así. No centro urbano da vila non pasaría.

-¿Cómo valora o goberno local e a xestión de Carlos Viéitez?

-Como un alcalde que, de partida, rexeita toda proposta da oposición, que goberna sen equidade, atendendo aos que si o votaron, e rexeitando todo aquel que non foi voto seu. Un alcalde que, ademáis, non respecta a institucionalidade: non garda a periodicidade dos plenos, identifica actos institucionais como actos do goberno, e así non convida a oposición á inauguración da Festa do Viño, ao 25-N contra a violencia de xénero…

Contradiccións no Goberno

-¿E nos plenos, que é seu ágora?

-Nos plenos o trato do alcalde é correcto, pero evita o debate político… E cando a cousa se vai da man e queda sen argumentos, perde os papeis. Critica que nós facemos política, por suposto que a facemos, e argumentamos o que propoñemos.

-¿Pensa que vai haber presupostos este ano?

-O alcalde di que si, pero eu xa perdo a esperanza. E iso que é un documento que, tendo maioría absoluta, non tería problemas de que saia adiante. Creo que a situación ten que ver cunha administración local que está moi saturada porque o alcalde non da incorporado xente, e que nas decisións políticas e nos investimentos este rexidor vai a salto de mata, sen un proxecto real, a así vai facendo obras que moitas veces non respostan as necesidades reais. Serva como exemplo o do pum-track de Dena, onde se invertiron 49.000 euros, e ao que non se lle quita partido algún, a todas luces era unha obra innecesaria, estaba de máis. Este goberno inviste moito máis en asfalto que no eido social, e iso estase a notar moito.

-¿Cómo valora a Meaño Independiente e o papel de José Manuel Aspérez no affaire da Mancomunidade que acabou por darlle a presidencia ao PP?

-José Manuel Aspérez rompeu o pactado, cando nós lle demos representación na Mancomunidade. Lamento que coa moción de censura a presidencia regresara ao PP, grazas a mudar o seu voto José Manuel Aspérez. Ese cambio seu obedece únicamente a unha ambición persoal. O único bo foi que así caiuselle a carauta, a asomou nel o PP. O líder do principal grupo de oposición ao PP en Meaño, que é M.I., está a salario do PP na provincia como asesor de presidente de Deputación, é algo que non se entende. Con isto da Mancomunidade evidénciase que o do PP é unha feira.

-¿Está condicionando iso o actual xeito de oposición de M.I. nos plenos en Meaño?

-Completamente, é un grupo moito máis tranquilo que no anterior mandato.

O surrealismo no PP

-Co retorno do Viéitez ao PP quedou diluido o papel do único edil de PP en Meaño, antes na persoa de Suso Sueiro, e agora na de Mª Cruz Vázquez.

-Si, xenerouse unha situación surrealista. No tempo en que estivo, Suso Sueiro fixo a oposición que lle correspondía (hasta abril de 2024), pero agora, con Mª Cruz Vázquez, o alcalde non lle da nin quenda de palabra como grupo que é, antes dos plenos ela reúnese no despacho da alcaldía co grupo de Veciños de Meaño, que é en realidade quen goberna, para arranxar alí os votos. Mª Cruz Vázquez figura no Grupo Mixto, onde Suso Sueiro e nós pactamos no seu día alternar a presencia en comisións, en cambio agora a situación é que nunha comisión está a oposición, que somos nós, e na outra xa non, porque a que figura é Mª Cruz Vázquez, que xa é do seu grupo. Por esta razón pedimos que esta edil deixe de figurar no Grupo Mixto.

-Metade da lexislatura. Pensa que o BNG está vendo medrar a súa base no municipio?

-Pouquiño a pouco sí. A xente agora xa se para connosco, escoitate cando imos falar con ela, ás nosas asembleas abertas súmase xa algunha xente nova… Estamos a percibir esa acollida.

-Teñen en vista o candidato para as eleccións de 2027?

-Non, é moi cedo. Ademáis o BNG non é de personalismos, é un equipo, un grupo, e funcionamos como tal. O de menos é o candidato, o importante é o grupo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents