A viva expresión do orgullo por unha lingua
As Letras Galegas, motivo de festa entre os estudantes de Vilagarcía

A gala foi unha sucesión de actuacións. | Iñaki Abella
O Auditorio de Vilagarcía encheuse onte de ritmo, emoción e orgullo cultural coa celebración do festival escolar organizado con motivo do Día das Letras Galegas. Un total de 150 alumnos procedentes de cinco centros educativos do municipio subiron ao escenario para render homenaxe á lingua propia a través do baile, a música, o canto e a poesía, nunha xornada que tamén contou coa participación de docentes e familias.
A concelleira de Cultura, Sonia Outón, foi a encargada de inaugurar o acto, agradecendo «a todos os participantes que traballaron moito durante estes días para poder subir ao escenario». Outón destacou a importancia dunha iniciativa que busca crear vínculos entre os distintos centros educativos, fomentando a colaboración, a creatividade e a posta en valor da lingua galega.

Unha das formacións que subiron ao escenario do Auditorio. | Iñaki Abella
A mañá comezou coa actuación do CEIP Anexo A Lomba, cuxos alumnos abriron o festival co animado tema «Muxía e Roll», de Uxía e A Banda Molona, seguido dunha representación teatral titulada «O enterro de Xacobe», na que amosaron tanto as súas dotes artísticas como o seu compromiso coa tradición.
De seguido, o CEIP A Lomba interpretou a capela a canción «A voz das amigas», achegando unha nota emotiva e delicada ao programa. Desde o Centro de Educación Especial, o alumnado sorprendeu cun recital titulado «As nosas cantigas», poñendo voz a versos que reflicten vivencias, emocións e unha conexión profunda coa lingua propia.

Un momento da celebración no Auditorio. / Iñaki Abella
O protagonismo dos alumnos maiores chegou coas actuacións do IES Armando Cotarelo e o IES do Carril. O primeiro presentou un espectáculo titulado «Armando a festa», unha proposta dinámica que combinou música e baile, mentres que o segundo emocionou ao público coas interpretacións de «Morriña», de Baiuca, e «Tataravoa», de Fillas de Cassandra. O broche final púxoo unha interpretación coa pandeireta da xota e o pasodobre de Mens, que serviu de colofón para un acto que respirou identidade galega en cada xesto.
A celebración do Día das Letras Galegas continuará hoxe sábado, día oficial da conmemoración, cunha xornada especialmente intensa no Carril. Dende as 11.00 horas haberá pasarrúas e actuacións de música e baile tradicional. Como cada ano, un dos momentos máis agardados será a ofrenda floral a Rosalía de Castro ás 12.30 horas.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil ya piensa en las motos de agua
- Las mafias de la droga crean sus propias redes de criptoblanqueo
- La viña desborda: vegetación «exagerada» y granos tamaño guisante
- Calleja levanta pasiones en O Grove
- Gonzalo Fernández, nuevo entrenador del Arosa
- Adiós a Óscar Willich, el hombre que revolucionó los motores de barcos en la ría de Arousa
- Última fase de traslado a Catoira de la maquinaria de STAC y sus trabajadores
- Los trabajadores de la Cofradía de Cambados están sin cobrar mayo