Unha nova vida para «Coto» e «Meija»

A Escola de Navegación Tradicional da Illa segue sendo o refuxio de gran parte do patrimonio marítimo de Galicia. Así o amosan as súas últimas adquisicións para restaurar e que regresarán ao mar o 17 de maio: un racú de nome «Coto» e unha dorna rebautizada como «Meija» que estivo preto de ser queimada.

Membros da ENT trasladando a «Meija» antes de ser queimada.

Membros da ENT trasladando a «Meija» antes de ser queimada. / FDV

A. G.

A Illa

Despois dun longo inverno de traballo nos barcos para reparar e pór a punto a gran flota tradicional, a Escola de Navegación Tradicional da Illa recuncará de novo este verán con dúas grandes novidades no interior da súa flota, dúas novidades que estiveron moi preto de desaparecer se non fose polo interese e o esforzo que amosaron os membros da entidade. Esas novidades levarán o nome de «Coto» e «Meija» e son un dos poucos racús que se poden atopar pola costa galega e unha dorna que se salvou cando xa se atopaba colocada como combustible para unha fogueira de San Xoán. Ambas embarcacións estiveron reparándose no obradoiro de carpintería de ribeira que funciona na Illa e que impulsou a Mancomunidade do Salnés. Foron os seus alumnos os que sustituiron todas as pezas que xa apodreceran, instalaron outras novas e procederon ao seu pintado e preparación para que recuperasen a súa beleza e importancia patrimonial.

A primeira das embarcacións, o racú, atópase xa no mar, no proceso de inchar as súas táboas antes de subilo de novo a terra para instalarlle un motor. A embarcación, que é unha das tres que se conservan por todo o litoral galego aínda ten pendente cal será o seu aparello, aínda que semella que acabará levando unha vela latina sen descartar outras opcións. Detrás del hai unha longa historia que é descoñecida en parte, xa que só se ten constancia desde a súa chegada a Muros. Alí pertencía a un veciño da zona que a utilizaba para pescar, un home que fixo amizade con varios membros da ENT. Sen embargo, a chegada da COVID-19 levouno quedando o barco abandonado en Muros.

A  dorna «Meija» xa 
recuperada. 
|  FDV

A dorna «Meija» xa recuperada. | FDV

Os seus herdeiros, residentes na cidade de Barcelona, non podían facerse cargo da embarcación, e eran membros da ENT os que se achegaban a Muros de cando en vez para achicarlle a auga do se interior e ver como se atopaba. O deterioro comezou a ser evidente e os herdeiros, que non querían que se perdese ese legado, decidiron cedela á Escola, onde sabían que ía estar ben coidada. O racú chegou á Illa bastante deteriorado e só habilitado para motor, pero nos traballos de recuperación conseguiuse habilitar tamén para a súa navegación a vela. A súa chegada foi saudada con alegría polos membros da ENT xa que é a primeira embarcación destas características da que dispoñen e que se une así a un feixe de dornas, bucetas, xeiteira se demais, que carecen dun espazo de amarre adecuado e que seguen adiante grazas ao esforzo dos integrantes da escola.

A historia da dorna «Meija» é moi semellante a de outras embarcacións similares que sempre houbo na Illa: feita en Ribeira antes de ser vendida a un veciño da Illa, lugar no que pasou por varias mans antes de acabar abandonada nunha praia,onde comeza a degradarse ata que, un día de San Xoán, un grupo d epersoas decide colocala no medio da súa fogueira nocturna. Un membro da ENT douse conta da situación e acabou evitando que acabase os seus días convertida en cinsas. Froito de tela atopado nunha noite de meigas, os mebros da ENT decidiron porlle «Meija» e con ese nome volverá a navegar a partires do 17 de maio, cando reciba o seu «Bautizo de Mar» no peirao do Xufre. A súa recuperación non foi sinxela, xa que se atopaba seriamente deteriorada, pero ao igual que o racú anterior, os alumnos da escola de carpintería de ribeira estiveron traballando nela durante semanas no Edificio de Usos Náuticos de O Bao. Táboa a táboa, caderna a caderna, «Meija» foi recuperando a súa fasquía pouco a pouco ata estar prácticamente lista para regresar ás augas da ría de Arousa.

Traballos de recuperación  
no racú «Coto»
|  FDV

Traballos de recuperación no racú «Coto» | FDV

Ademáis das dúas recuperacións, a ENT estivo traballando no resto da flota que posúe, a máis importante da navegación tradicional en Galicia. Entre eles destacan a xeiteira Nova Marina, baixada recentemente desde o Varadoiro do Xufre e á que só lle queda a cuberta por arranxar; ou o «O Rei do Mar», ao que se lle está preparando un mastro novo despois de que o que posuía rompese. A intención é que o mastro estea colocado no barco ao longo do mes de maio.

40 aniversario

Unha das cousas nas que vai traballar a entidade este ano é a celebración do 40 aniversario da Volta á Arousa. Proba entre dornas clave na recuperación do patrimonio marítimo da ría de Arousa, a Volta celebrase o día 12 de xullo, pero haberá tres días de celebracións que se están perfilando.

Ademáis de ser unha das probas máis emblemáticas, a Volta á Arousa tamén ten a súa épica, xa que se trata aproximadamente de tres horas de navegación bordeando o litoral da Illa desde o Bao. Desde sempre, foi moi disputada e, nela, participan cada vez máis embarcacións, a maioría da Arousa, pero tamén doutras partes da ría, e incluso, doutras rías. Nunha Volta á Arousa, os participantes poden atopar todo tipo de condicións meteorolóxicas, desde choiva a sol, e todo no espazo que vai bordeando o litoral arousán. A última vencedora da Copa América das dornas foi a Nécora, que defenderá o seu entorchado este ano.

Tracking Pixel Contents