Entrevista | Marcos Nine Búa Premiado nos Mestre Mateo

«O mellor dun premio é poder compartilo coa xente de onde es»

Marcos Nine suma xa oito Mestre Mateo na súa traxectoria.

Marcos Nine recolle o seu oitavo premio Mestre Mateo no Auditorio de Lalín

Marcos Nine recolle o seu oitavo premio Mestre Mateo no Auditorio de Lalín / FDV

A Illa

Nado no 1977 na Illa de Arousa e licenciado en Xornalismo, Marcos Nine Búa sumou un novo Mestre Mateo o pasado fin de semana, o maior recoñecemento que a industria audiovisual galega entrega aos seus e que Nine subíu a recoller ata en oito ocasións. Nesta ocasión, o premio á Mellor Realización chégalle polo traballo desenvolvido en «Historias de aquí», que se pode consultar en Agalega.gal.

Xa comeza a ser un habitual entre os premiados nos Mestre Mateo.

Xa van oito. Sen embargo, este ten unha compoñente bastante especial xa que os anteriores foron en categorías que tiñan máis que ver co cine, pero nunca fixera un programa, que é unha cousa bastante diferente, porque implica que tes que sacar máis horas de programación. Houbo algún momento no que tiña a sensación de estar pisando areas movedizas, pero tamén a sensación de estar ante un reto. A nominación acabou sendo para nós unha sorpresa, pera canto máis o premio. Hei de recoñecer que estaba bastante nervoso desta vez, foi como recuperar as sensacións que vivín cando conseguimos o primeio Mestre Mateo.

Que cuestións aborda o programa «Historias de aquí»?

Un pouco de todo sobre feitos importantes na historia de Galicia. Desde a traxedia do Mar Exeo ata a secta dos miguelianos, pasando pola desaparición do Montrove, a explosión na discoteca Clangor de Santiago, ..., algún teñen compoñentes moi tráxicos, outros non tanto, pero son feitos para lembrar a nosa historia e o programa é unha forma de construir o noso pasado. Pensamos que cumpre unha función de servicio público porque estamos dando a coñecer feitos que a xente nova non recoñece. Moi pouca xente sabe que a catástrofe do Mar Exeo foi clave á hora de desenvolver determinados protocolos de Protección Civil, por exemplo. A nosa intención é abordalos e polos de actualidade. Nestes momentos seguimos facendo capítulos. O programa pódese consultar na plataforma da Galega, a onde se suben os episodios e o seu consumo ten unha lóxica diferente ao da televisión convencional.

Como chega Marcos Nine a este proxecto?

Pois a través da produtora. Era un reto tentar facer un programa que fose un documental e tivese ficción para contar historias de Galicia. Ese foi o resultado e creo que saíu ben. É un proxecto complicado porque meter entrevistas de testemuñas ou expertos misturadas con ficción non resulta sinxelo. Ao final creo que o acabamos resolvendo moi ben, traballamos con grandes actores que nos axudaron a facer un gran programa.

Cales son os retos que ten por diante?

Teño moitas cousas en mente, pero quizáis o tema no que levo tempo con el no maxín e que agardamos comezar a rodaxe este ano é un traballo sobre o caso Couso, o cámara ferrolán que morreu na Guerra de Iraq. Vai avanzando a modiño pero con paso firme. Sacar unha película desas implica moitos condicionanntes que van desde a financiación ata a investigación, pois o caso xa ten máis de 25 anos. Só afrontar a investigación do caso levounos moito tempo, recopilando todo o publicado, que se contou, ..., son centos de entrevistas e temos que adecuar os contidos para condensar eses 25 anos.

O premio adicoullo á xente da Arousa.

O mellor que teñen os premios non é a figuriña que che dan, se non poder compartilo con xente e sentirte parte das cousas, podelo compartir coa xente de onde eres e que te feliciten, que o sintan como un premio colectivo. Eu síntome parte dese logro cando un da Arousa gaña algo e penso que, nese día, no que se aprobou o proxecto de Altri, o premio tiña que ser para esa xente que loita por evitar o que queren facer. Tamén é un gusto compartilo co equipo de grabación, recibir as felicitacións da asociación de guionistas, ...

Tracking Pixel Contents