Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A bilioteca Plácido Castro medra en cantidade e calidade

O académico Xoán Bernárdez doa 250 exemplares á Fundación; unha das elixidas por el para espallar por Galicia os seus fondos

Responsables da fundación coa filla do académico e o avogado cambadés. |  FdV

Responsables da fundación coa filla do académico e o avogado cambadés. | FdV

Arousa

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Vilagarcía e Cambados, entre outras institucións, acaba de enriquecer os seus fondos bibliográficos grazas a unha importante doazón de Xoán Bernárdez Vilar, historiador, escritor e membro da Real Academia Galega (RAG).

Trátase de máis de 250 exemplares que teñen en común temas dos que o galeguista tamén era bo coñecedor. Como mostra de agradecemento e afecto, a entidade celebrou o pasado venres un acto coa súa filla, Sabela Bernárdez, no que ademais lle mostraron as instalacións onde se poderán consultar estes fondos que, ao igual que os restantes da fundación, están disposición do público en xeral.

Responsables da fundación coa filla do académico e o avogado cambadés. |  FdV

Os volumes xa están a disposición do público. | FdV / FdV

Explica o director, Jacobo Domínguez, que o autor de novelas como «Un home de Vilameán» e numerosos ensaios, artigos e mesmo traducións, decidiu espallar a súa inxente biblioteca por diversas institucións de Galicia e unha delas foi a Plácido Castro, grazas a «inestimable colaboración» do inquedo avogado cambadés Iago Pillado e da filla do académico.

En canto á tematica, desde a entidade presidida por Susi Castro indican que principalmente son libros de ensaio de temáticas céltica, artúrica e, en xeral, sobre as illas británicas. «Son publicacións do século pasado con valiosa información das historias e lendas que configuran o mundo céltico, as sagas nórdicas ou a cultura anglosaxoa en castelán, galego e inglés». Temas e intereses compartidos con polifacético intelectual cuxo legado leva defendendo e divulgando dende hai 24 anos.

Tracking Pixel Contents