Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Laura Sáez e Sandra Otero lideran Queremos Galego no Salnés

Exercerán de voceira e coordinadora de entidade na comarca despois do plenario do xoves

Participantes no plenario de Queremos Galego que se celebrou o xoves en Vilagarcía.

Participantes no plenario de Queremos Galego que se celebrou o xoves en Vilagarcía. / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Salnés

Laura Sáez e Sandra Otero serán a portavoz e a coordinadora de Queremos Galego na comarca do Salnés. Esa foi unha das decisións que se adoptou no plenario que tivo lugar o pasado xoves en Vilagarcía e no que participaron medio cento de persoas. Ademáis, o equipo completarase con José Luis Domínguez Lucio, Beatriz Villanueva e Felipe Radío como voceiros adxuntos.

O principal obxectivo co que se parte é o de organizar a comarca de cara á vindeira manifestación que terá lugar o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, en Santiago de Compostela, demandando unha maior implicación das administracións autonómicas na defensa da lingua galega.

Tracking Pixel Contents