Entrecortiñas adica a México o seu ciclo de cine en febreiro

México sustitúe a Colombia no ciclo de cine do mes de febreiro do cineclube Entrecortiñas

México sustitúe a Colombia no ciclo de cine do mes de febreiro do cineclube Entrecortiñas / Iñaki Abella

A Illa

Febreiro convértese no mes adicado a México no ciclo de coine que organiza o cineclube Entrecortiñas de A Illa. En colaboración co Instituto Cultural de México en España e o Instituto Mexicano de Cinematografía, o Auditorio vai acoller a proxección de catro filmes destacados no páis de América do Norte. O primeiro deses filmes proxectouse no día de onte e foi «Tiempo de lluvia», de Intandehui Jansen, na que a protagonista era Soledad, unha curandeira tradicional.

O vindeiro 13 de febreiro, a película que se proxectará será «Todo el mundo tiene a alguien menos yo», de Raúl Fuentes. Para o 20 de febreiro está preparada «El sueño del Mara’akame» de Federico Cechetti. Fechará o ciclo adicado a México o filme «La revolución de los alcatraces», de Luciana Kaplan, que se proxectará o vindeiro día 27.

Tracking Pixel Contents