A Plataforma Queremos Galego celebra o seu plenario en Vilagarcía
Terá lugar mañá, ás 20.00 horas, no salón de conferencias do Auditorio

Maniferstación de Queremos Galego en Compostela. | X. Álvarez
A plataforma Queremos Galego na comarca do Salnés abre as portas do seu plenario, que se vai celebrar mañá en Vilagarcía a partires das 20.00 horas, a colectivos, asociacións e cidadáns en particular. Esta entidade é unha iniciativa cidadá que busca fortalecer o uso do galego en todos os ámbitos da vida pública e privada, promovendo a súa normalización e visibilidade. A través de encontros como este, pretende crear un espazo de diálogo e colaboración entre todas as persoas e entidades comprometidas co futuro da lingua. Estarán encima da mesa todas as achegas e propostas para reverter a dramática situación da lingua, así como a organización dende a comarca para a vindeira manifestación en Santiago de Compostela.
A Plataforma leva moito tempo alertando da situación pola que atravesa a lingua galega, cunha constante perda de falantes sen que a administración autonómica actúe, algo que é apreciable nos datos sobre o uso e coñecemento do galego facilitado spolo IGE.
É por iso que convocou unha gran manifestación na defensa da lingua para o vindeiro 23 de febreiro, na que se reclamaran medidas de defensa e promoción da lingua galega por parte da administración.
- Tecnología al servicio del turismo en A Lanzada
- «El sacramento de la unción no se administra solo en el final de la vida»
- Los sanitarios del Hospital do Salnés exigen más seguridad ante los reiterados episodios de agresividad de los pacientes
- Un barco bateeiro evita su hundimiento tras chocar contra la dársena del muelle de O Xufre
- La DGT advierte, sin sancionarlos, a conductores «cazados» en Pontecesures
- Rías Baixas hace negocio en la Barcelona Wine Week
- La flota se lame las heridas, pero no se renueva
- La coherencia de Esquerda Unida da aire al PXOM de O Grove