Brava, a produtora da Illa cunha marcada perspectiva feminista
Catro dos seus traballos atópanse entre os máis nominados nos Mestre Mateo

A arousá Cristela Torres, unha das integrantes de Brava. / FDV
Está formada pola arousá Cristela Torres e pola coruñesa Bea Villar e, pese a ter tan só un ano de vida, a produtora Brava afrontará os seus primeiros premios mestre Mateos, os máis importantes do audiovisual galego, cun rol protagonista grazas a catro dos seus traballos: «Raíña-me!» e «A Previa», como Mellor Programa, e «Pringadas T2» e «A moza que abortou e o contou», competindo en Mellor Serie Web.
Brava naceu en febreiro de 2024, apostando por un contido dirixido aos máis novos e cunha marcada perspectiva feminista, aplicando ás súas historias unha linguaxe contemporánea con formatos innovadores. De feito, todos eses proxectos que se puxeron en marcha destacan por ter sido realizados por un equipo maioritariamente feminino e brindándolle un espazo ás novas xeracións, aos do Xen Z e millenial.
«Raíña-me!», programa dirixido por Álvaro González, candidato a mellor programa, conta con once candidaturas, entre elas, a de Alexa Evans como primeira drag queen da historia en optar a Mellor Comunicadora. «A Previa», tamén candidata a Mellor Programa e dirixida por Belén Puime, conta con oito candidaturas e trátase du nespazo de conversa con diferentes personalidades da Xeración Z galega.
«Pringadas T2», tamén dirixida por Belén Puime, é unha das candidatas a mellor serie web, onde se conta a vida de tres compañeiras de piso en pleno salto da adolescencia á madurez. O último dos traballos é «A moza que abortou e o contou». dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga, na que se conta a historia de Cora, unha moza de 20 anos que aborta, e decide contarllo á súa familia durante a cea do Nadal. Está grabado nun formato postmodernista vertical de falso documental nunca antes explorado polo audiovisual.
Suscríbete para seguir leyendo
- Tecnología al servicio del turismo en A Lanzada
- Los sanitarios del Hospital do Salnés exigen más seguridad ante los reiterados episodios de agresividad de los pacientes
- Un barco bateeiro evita su hundimiento tras chocar contra la dársena del muelle de O Xufre
- La flota se lame las heridas, pero no se renueva
- Decenas de familias del sur de Vilagarcía quedan sin fibra por el parón de las obras
- La delincuencia baja en Vilagarcía pese al auge del «trapicheo» y los ciberdelitos
- La coherencia de Esquerda Unida da aire al PXOM de O Grove
- Cálago, el lugar en que nació Vilanova