Entrecortiñas proxectará o filme «Sen Alma» no Auditorio

Cartel da película.
O cineclub Entrecortiñas da Illa proxectará «Sen Alama», un filme rodado en Galicia que será a primeira longametraxe de ficción en galego que se poderá ver nos ciclos que organiza a entidade desde hai case un ano. Esa proxección será o vindeiro venres, a partires das 19.30 horas, no Auditorio Municipal da Illa.
No acto contarase coa presenza do director do filme, Iago Barrado, e parte do equipo técnico para a presentación do seu proxecto e posterior coloquio arredor da xestación do mesmo, cun orzamento moi axustado. A historia retrata a vida nunha vila galega que se enfrenta ao virus da rabia que infectou á poboación mundial. Os protagonistas, tres irmáns, interpretados por Cristina Leiras, Daniel Otero e Fran Nogueira, fan todo o posible por sobrevivir nun mundo cheo de infectados e por xuntarse de novo. Noutra parte da trama aparece Tomás Salvadores, que actúa como xefe da banda.
Esta proxección será tan só un pequeno inciso no ciclo de cine colombiano que deseñou o cineclube para todo o mes de xaneiro. Quedan por pasar polo Auditorio da Illa as películas «Alis» que o fará o día 23 e «El Beat» que se proxectará o día 30. Para estas proxeccións contan coa colaboración da embaixada de Colombia en España.
- Tecnología al servicio del turismo en A Lanzada
- Los sanitarios del Hospital do Salnés exigen más seguridad ante los reiterados episodios de agresividad de los pacientes
- Un barco bateeiro evita su hundimiento tras chocar contra la dársena del muelle de O Xufre
- La flota se lame las heridas, pero no se renueva
- Decenas de familias del sur de Vilagarcía quedan sin fibra por el parón de las obras
- La delincuencia baja en Vilagarcía pese al auge del «trapicheo» y los ciberdelitos
- La coherencia de Esquerda Unida da aire al PXOM de O Grove
- Cálago, el lugar en que nació Vilanova