Entrecortiñas volve a actividade cun ciclo de cine colombiano

O cineclube proxectou onte «Jericó, el infinito vuelo de Dios»

Unha actividade organizada polo cineclube Entrecortiñas no Auditorio da Illa.

Unha actividade organizada polo cineclube Entrecortiñas no Auditorio da Illa. / FDV

A. G.

O cineclube Entrecortiñas regresou onte á actividade tralo descanso de Nadal pondo en escea un ciclo de cine colombiano no Auditorio da Illa de Arousa, no que conta coa colaboración da embaixada de Colombia en España. A primeira das películas que pasou polo Auditorio da Illa foi «Jericó, el infinito vuelo de los días», un filme de 2016 dirixido por Catalina Mesa que recibiu, entre moitos outros, o premio Firmar.

A seguinte proxección será o día 16 de xaneiro co filme «Los Reyes del Mundo», de 2022 e dirixido por Laura Mora, un filme que foi galardoado coa Concha de Ouro á mellor película no Festival de San Sebastián e destacou nos Premios Macondo 2023, onde gañou seis das sete categorías ás que foi nominado, entre elas mellor película e mellor dirección.

O día 23 de xaneiro, presentarase a película «Alis», unha impactante historia de superación que explora a vida de varios mozos a través dun proxecto educativo alternativo.

O ciclo de cine colombiano pecharase o día 30 de xaneiro con «El Beat», de Carolina del Mar Fernández, unha exploración da vida dun músico e o seu impacto tanto persoal como cultural. Estas proxeccións son gratuitas e abertas a todos os públicos. Todas elas comezan ás 20.00 horas no Auditorio da Illa de Arousa.

Tracking Pixel Contents