A lingua galega só aparece no 3% das tumbas de Ribadumia
A profesora Ana Belén Vázquez Pardal comprobou máis dun milleiro de sepulturas

Tumba más antiga de Ribadumia en lingua galega. / FdV
A lingua galega só aparece no tres por cento das tumbas de Ribadumia. É o resultado dunha investigación de Ana Belén Vázquez Pardal, unha veciña de Lois, profesora no instituto de Vilalonga, que durante semanas percorreu os cemiterios parroquiais de Ribadumia. A investigadora constatou datos moi heteroxéneos; así, na freguesía de Besomaño non se atopou nin unha soa sepultura en galego, mentres que nas de Leiro e Ribadumia a porcentaxe rolda o catro por cento. Vázquez Pardal pregúntase, «se estas cifras poden gardar relación coa presenza durante casi 80 anos de Dositeo Valiñas como sacerdote?». A profesora lembra que o párroco «empregou a nosa lingua na súa vida profesional, pero tamén na persoal, e a súa lápida é unha das que están en lingua galega».
O historiador Gerónimo Martínez e o filólogo Bernardo Penabada iniciaron un traballo sobre a presencia do galego nos camposantos, con estudos en Ortigueira e Cerdido. Na actualidade, o Consello da Cultura Galega conta cun mapa aberto titulado «Cartografía do uso do galego nos camposantos», que contén información sobre 142 cemiterios, e que está aberto á colaboración cidadá. É neste gran proxecto colectivo no que se insire o traballo de Ana Belén Vázquez, que é natural de Lois (Ribadumia), licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago, e profesora de Lingua e Literatura no instituto de Vilalonga (Sanxenxo).
Nas conclusións do seu estudo, Vázquez Pardal sinala que, «o noso idioma entrou na modalidade escrita nos camposantos de Ribadumia no ano 1991 na tumba dunha freguesa da parroquia de Ribadumia». Apunta asimesmo que, dun total de máis de 1.000 familias (foron contabilizadas 1.110 panteóns e sepulturas), só aparece o galego como lingua principal en 32 delas, o que supón un 2,9 por cento do total.
Dositeo Valiñas
No que atinxe a cada parroquia, a autora do traballo non atopou ningunha lápida en galego na de Besomaño, e só unha na de Lois. Na de Barrantes, a porcentaxe non chega ao 3 por cento. Finalmente, nas de Leiro, Ribadumia e Sisán, o galego aparece nas porcentaxes máis elevadas, entre o 3,17 por cento e o 4,65. Vázquez Pardal vincula os datos de Leiro e Ribadumia coa presenza nestas dúas parroquias durante décadas de Dositeo Valiñas, un dos sacerdotes que máis empregou o galego na liturxia, e que recibiu un premio do Concello de Ribadumia pola defensa da lingua.
Ana Belén Vázquez sinala que «segundo se desprende do estudo realizado polo xornalista David Canto Veiga, encargado de recompilar e estudar a información recollida en toda Galicia, occidente de Asturias, o Bierzo e as Portelas (Zamora), «o cambio de tendencia produciuse nestes últimos anos e débese ao relevo xeneracional». «As primeiras persoas alfabetizadas en galego nos primeiros anos da etapa democrática pasan agora a ocuparse do coidado do lugar no que repousan definitivamente os seus parentes».
Suscríbete para seguir leyendo
- Lista de espera para saborear lamprea
- Decenas de familias del sur de Vilagarcía quedan sin fibra por el parón de las obras
- Vilagarcía espera empezar en abril con la nueva empresa de ayuda en el hogar
- El punk muestra toda su esencia en Vilagarcía con Manolo Kabezabolo y The Eskarallas
- Titanes contra los elementos en Xiabre
- La delincuencia baja en Vilagarcía pese al auge del «trapicheo» y los ciberdelitos
- «Vivir en pareja sin amor es el mayor de los engaños»
- Los mayores de 65 años de Vilagarcía podrán estimular su capacidad cognitiva y psicomotriz