Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Preservar os petos de ánimas, o compromiso coas xoias esquecidas da comarca do Salnés

O de Silván, en Meis, é un dos mais monumentais | Ao percorrer a comarca tópanse monumentos que aínda énchense de esmolas

Peto do adro de Ribadumia, un dos mais significativo da comarca do Salnés/Iñaki Abella

Peto do adro de Ribadumia, un dos mais significativo da comarca do Salnés/Iñaki Abella

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Tino Hermida

O Salnés

A primeira parada deste roteiro ha de facerse no veciño concello de Meis. Para iso cómpre trasladarse ao lugar de Silván na Armenteira. Aquí, xusto ao pé da estrada EP 9406 e a altura do nº 11, consérvase unha das pezas máis singulares, que o fan único na comarca.

Neste peto de Silván, que semella asociado ao monumental cruceiro que ten preto, presenta tres singularidades: a primeira, que amosa un retablo doble (caso única na comarca); a segunda, que o retablo dunha das capelas está conformado por seis pezas de azulexo branco, esmaltadas en cor azul e que, aínda deteriorado, deixa entrever a figura de Cristo portando a cruz camiño do Gólgota; e a terceira, e máis peculiar aínda, que alberga unha lenda en portugués onde, literalmente, reza: «Caminha o Salvador do Mundo, pela calle da Amargura, 1819».

Debaixo, no borde da mesa do peto, a pedra ten gravada outra: «Acordaos Ermanos», en relación coa intercesión polas ánimas.

Peto de Silván, na Armenteira |  T.H.

Peto de Silván, na Armenteira | T.H.

A singularidade deste peto vencéllase á súa relación cos peregrinos lusos que facían desde antergo o Camiño de Santiago, e que adoitaban desviarse para visitar e rendir pleitesía ao mosteiro de Santa María de Armenteira.

E, desde eiquí, tocaba retomar o camiño polo lugar de Silván, onde, o cabo de dous quilómetros, daban con este peto ao carón do camiño coa súa chamada piatosa. Sen dúbida, unha boa excusa para visitar todo o entorno patrimonial arredor de Armenteira, onde se atopa o que todo o mundo coñece como a catedral do Salnés.

Outros lugares

Deixando atrás o concello de Meis, o visitante debe trasladarse ao veciño municipio de Ribadumia, onde se contabilizan cinco petos, todos eles adousados a parte inferior de sendo varais de cruceiros.

Deles, tres están en Besomaño, a parroquia máis prolífica das seis ribadumienses neste tipo de construcións. Non en van, en Besomaño, en apenas un kilómetro cuadrado, cóntanse ata sete impoñentes cruceiros.

Peto de A Santina en Simes |  T.H.

Peto de A Santina en Simes | T.H.

Un dos petos de Besomaño, está no lugar da Bouza, na encrucillada á altura do nº 5, frente ás adegas de Santiago Roma: moi erosionado e con rotura nun lado, presenta a figura de Cristo crucificado flanqueado pola imaxe de San Francisco de Asís á esquerda, e unha ánima recollida á dereita, cinguidas ambas por debaixo de Cristo polo cordón do hábito do santo.

Figuras recurrentes

Un segundo peto de Besomaño atópase ao pé do cruceiro da Bouza, a altura do nº 18, moi erosionado e repetindo a iconografía do Cristo crucificado, flanqueado polo San Francisco e unha ánima suplicante.

E o terceiro peto da resposta a unha construción privada, enclavada na chamada «casa dos Calveiros», que se corresponde co nº 18 no lugar Casaldarnos.

Cruceiro e peto de Silván | MT.H

Cruceiro e peto de Silván | MT.H

A diferencia do resto, ao tratarse dun peto piatoso familiar, carece de hornacina algunha para recoller esmolas, e o seu lugar está copado polas lapas do purgatorio sobre as que se emerxe Cristo crucificado, coa figura de San Francisco á esquerda.

Nun plano inferior, asoma pola dereita a cabeza dunha figura orante, e abaixo, dúas ánimas, das cales unha logra aferrarse ao cordón do hábito do santo. O cruceiro mantén unha inscrición do ano de construción onde reza: «A devoción de Agustín Durán, año 1916», que foi quen o sufragou.

Outros mecenas

Os outros dous petos deste concello, moi pretos entre si, sitúanse nas inmediacións da igrexa de Santa Baia de Ribadumia. Un deles, no cruceiro do atrio, onde reza a lenda: «A la memoria de D. José Montineros i su mujer María Mera, año de 1887», sendo erixido cando a rexencia de María Cristina trala recente morte de Alfonso XII. O retablo do peto repite e iconografía dos anteriores, co santo Francisco presente, sempre xerarquizado cun tamaño maior. Uns metros mais alá, dase co outro, detrás do campo de fútbol de A Senra, e fronte ao nº 15 de lugar, con representación igual ás do resto.

Peto de Besomaño en Riba dumia|  T.H.

Peto de Besomaño en Ribadumia. / Tino Hermida

No concello de Cambados contabilízanse dous petos. O primieiro, no atrio da igrexa parroquial. Alí, ao pé dun estilizado cruceiro, un retablo de peto presidido unicamente polo santo Francisco, que axuda a dúas ánimas co cíngulo do hábito para saír das lapas do purgatorio.

E o segundo, na parroquia de Santa Cruz de Castrelo. Alí, ao carón da PO- 550, e condicionado no seu día pola construción dunha gasolineira, o cruceiro no que se asenta foi movido daquela a unha propiedade particular.

Monumentos policromados

Trátase dunha peza que, segundo a inscrición, data de 1764, no reinado de Carlos III. Os lugareños refiren que a construcción fora policromada no pasado, aínda que agora non se aprecia nin rastro de pintura.

Cristo en el peto
de Cornazo. |  T.H.

Cristo en el peto de Cornazo en Vilagarcía. / T.H.

Remata a ruta en Vilagarcía de Arousa, onde no parroquia de Cornazo consérvase o único exemplar desde municipio. A uns 500 metros de igrexa, atopámolo situado ás portas do nº 37, hoxe en ruinas e que fora casona de Agustín Romero García, familia pudiente do lugar, que está datada no ano 1908. A singularidade é que se enclava na metade alta do varal octogonal do cruceiro, non sendo peto ao uso e carecendo función recadatoria.

O único esmoleiro vilagarciá atópase na parroquia de Cornazo

O relevo do fuste mantén e iconografía dos outros petos, co santo Francisco botando abaixo o cíngulo do seu hábito para rescatar a unha das ánimas, dispostas éstas en posición piramidal, mentras arden nas lapas do purgatorio.O cruceiro está pechado cunha vexa. No interior ao seu pe, aínda depositan hoxe os lugareños algún ramo de frores, máis por defuntos. Descoñecese o ano de construcción, pero o varal si conserva esta inscrición: “Retocado por Agustín Abalo, 1813”, polo que se entende que, cando menos, o conxunto é anterior a esa data.

Imagen del peto de Casaldarnos en Besomaño. |  T.Hermida

Imagen del peto de Casaldarnos en Besomaño. / T.H.

Como se recordará, Meaño é un dos concellos mais prolíficos neste tipo de monumentos a carón das encrucilladas de camiños ou nos adros das eirexas. Pódese falar de seis petos de ánimas, sendo o máis chamativo o peto de ánimas de Vilariño, cecais o principal pola sua monumentalidade e encravado na fronteira entre Simes e Meaño.

Virxe da Conda

Tamén cabe facer referencia a o peto da Conda no que se esculpiu unha Piedade e que é coñecida como A Santa, topada no muro dun viñedo da localidade.Un terceiro peto exento atópase na parroquia de Cobas, ao pé da estrada EP-9302, diante do número 15 de Aldea de Abaixo e que é coñecido por o da Virxe da Conda.O concello meañés conta con outros tres petos maus, un deles en Morouzos (Dena) cun Cristo crucificado e a sua diestra unha ánima pregando. Destaca por outra banda o de Axís que tamén representa un Cristo crucificado e ao seus pes tres ánimas; e o ultimo peto esmoleiro é o de Sabiñela, en Quintáns.

Carmen Méndez, no esmoleiro de Rouxique. | T.H.

Carmen Méndez, no esmoleiro de Rouxique. / T.H.

Pola súa banda, no municipio de Sanxenxo catalóganse dous petos. Un deles, en pleno centro, na chamada praza de Pontevedra. Erosionado e con imaxes xa difuminadas, entrevese a figura de San Antón aos pes do Cristo crucificado e, polo outro lado, adivíñase unha ánima que asoma.

Unha ermida próxima

O outro é unha Virxe do Carme, que preside a fachada no nº 8 de Rouxique. Aos seus 87 anos, a propietaria Carmen Méndez Castro, da fe: «O meu pai, Víctor Méndez mercou aquí ao carón a casa dos Pinches, unha vella casona que contaba cun escudo de grandes dimensións na fachada, e no interior de finca albergaba unha pequena ermida que tiña esta santiña dentro».

As lembranzas que refire xúntanse coas lendas: «Lembro que, sendo rapaza (anos 40 do século XX), a capela estaba xa en estado ruinoso e tiña solo de madeira», expón a muller.

O conto do túnel

Recorda que «nun lado do altar -engade- existía unha trampiña no chan por onde eu nunca entrei, pero dicían que daba a un pasadizo que se empregara para fuxir en tempos de mouros e persecucións, e que comunicaba coa casona da Torre”, a cal, dista uns 800 metros. Unha lenda que tampouco resulta fácil de comprobar na localidade.

Carmen Castro reafirma a testimuña dos lugareños de idade, corroborando que arredor da daquela ermida existía un singular camposanto: «Alí enterraban os cadaleitos dos nenos que finaban sen bautizar (os nenos no limbo) ou fetos de abortos».

Foi en 1963 que os seus pais construiron ao carón a vivenda actual (nº 8 de Rouxique): «Daquela -explica- o meu pai deulle o escudo da casona ao escultor, pero miña nai negouse e que tamén lle cedera a santa e, para gardala, decidiron construir un oco na parede desta fachada, tal e como loce hoxe».

Un feixe de relatos a carón duns monumentos imprescindibles para coñecer a historia do Salnés e que merecen mais atención.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents