Ribadumia dará clases de lingua galega aos migrantes
A proposta foi aprobada a instancias do BNG na última sesión plenaria do municipio
Ribadumia impartirá aulas de galego ás persoas migrantes que residan no municipio. Así o acordaron no última sesión plenaria as forzas políticas que integran o Concello despois de que o BNG puxese enriba da mesa esta proposta. A oferta das aulas porase en marcha en breve e ten como principal obxectivo facilitar aos migrantes a integración na sociedade dese municipio.
De feito, o de Ribadumia é un dos concellos onde mellor se conserva o galego na comarca do Salnés, fronte aos pésimos datos que se deron a coñecer recentemente e que indicaban que esta lingua xa non é a máis falada en Galicia. Vanessa Fariña, portavoz do BNG, defende que a proposta ten como principal obxectivo «facilitarlle a integración ás persoas migrantes, un feito que pasa por coñecer o noso idioma e a mellor forma de que iso pase é ofrecéndolle esa posibilidade as administración». Fariña recoñece que «por desgraza, a día de hoxe non hai ofertas para aprender a lingua galega, e sabemos, polos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que en Ribadumia hai sobre uns 200 estranxeiros censados, dato que non ten en conta aos veciños doutras comunidades autónomas».
Suscríbete para seguir leyendo
- Declaran la guerra a otra planta invasora
- Lista de espera para saborear lamprea
- Ravella dio 12 horas a los hosteleros para ordenar sus terrazas
- Identifican a las industrias que vierten al Umia y las amenazan con fuertes sanciones
- La playa de O Preguntoiro puede salir a flote
- Este es el plan de Portos para mejorar Meloxo
- «Vivir en pareja sin amor es el mayor de los engaños»
- Los mayores de 65 años de Vilagarcía podrán estimular su capacidad cognitiva y psicomotriz