Tribuna Libre

Este tren o pillamos

Juan Andrés Bayón Rolo (*)

Esta semana asistimos novamente a un capítulo de múltiples problemas ferroviarios. Tanto no Eixo Atlántico como na Longa Distancia entre Galicia e Madrid. Despois dun ano de lexislatura, o goberno de Pedro Sánchez e o ministro de Transportes están máis centrados en resolver os problemas cos seus socios que de solucionar os dos cidadáns.

Hoxe temos unha mocidade crítica que non tolera, nin pode tolerar, que un servizo básico para a xuventude, como é o tren, acumule tantas eivas. Non hai que ser de esquerdas ou de dereitas para esixir que os trens sexan puntuais, non hai que ser de esquerdas ou de dereitas para recoñecer que un servicio público colapsado non é efectivo e tampouco hai que ser de esquerdas ou de dereitas para esixir máis frecuencias.

Moitos mozos e mozas comezaron un novo curso universitario onde o tren é un servicio básico para poder acudir as clases. Un sistema educativo do que temos que sentirnos orgullos como galegos, un sistema que é de todos e que está pensado para formar a grandes profesionais. Un curso universitario no que é máis doado estudar unha carreira grazas á gratuidade das matrículas implementada pola Xunta de Galicia.

Na nosa comunidade temos un ensino que dende os 0 anos ao remate dunha carreira universitaria é gratuíto, facilitando a conciliación, o peto das familias galegas e incentivando a formación e a educación, a arma máis efectiva da que dispoñemos para poder construír un futuro mellor.

Ese é o cometido non só das persoas que participan activamente na política, senón tamén de todos os cidadáns, que cada un dende o seu ámbito, contribúen a facer un país mellor. Os clubes deportivos, as asociación, as entidades sociais, etc…

Evidentemente que temos que seguir mellorando o noso sistema educativo, pero non podemos permitir que as ramas non nos deixen admirar o bosque.

Nas últimas semanas escoitamos ao ministro Óscar Puente repetir ata a saciedade que o tren está no mellor momento da súa historia.

Non vou a entrar se é así ou non, seguro que vos tedes clara a resposta, pero do que sí que estou seguro e que a educación galega está no mellor momento da súa historia.

(*) Juan Andrés Bayón Rolo e deputado nacional e concelleiro do Partido Popular de Vilagarcía de Arousa.

Tracking Pixel Contents