Unha homenaxe a Salva Allo e a ilusión polo futuro de Tenreiro
A Gala do Deporte da Illa ensalza a labor que fixo o expresidente de Dorna e destaca o futuro que ten por diante a padaxeira

Lucía Tenreiro foi recoñecida como a mellor deportista de base. / Adonis Ríos
A. G.
O Auditorio municipal da Illa acolleu no fin de semana un deses actos que desprenden emotividade, pero tamén moita ilusión polo futuro que se pode entrever. Ese evento non é outro que a Gala do Deporte, onde se recoñece ás persoas que foron clave para o desenvolvemento desta actividade nos últimos anos, pero tamén se apunta a aqueles que comezan a destacar e que teñen un futuro ilusionante por diante. A homenaxe este ano foi para Salvador Allo, unha figura clave no crecemento experimentado por Dorna nos últimos anos, onde daba acubillo a todo tipo de iniciativas que servisen para dinamizar o pobo, especialmente no ámbito deportivo. Tamén foi clave para o pulo que necesitaban as embarcacións tradicionais, convertendo a dorna nun dos grandes referentes na recuperación deste tipo de riqueza patrimonial e etnográfica que estuvo moi preto de perderse.

Salva Allo recibe o recoñecemento por todo o traballo desempeñado en Dorna. | // A. RÍOS
No que respecta á ilusión polo futuro, o recoñecemento máis importante foi para a padexeira do Piragüismo Illa Lucía Tenreiro. En idade xuvenil aínda, Tenreiro acumula xa un feixe de experiencias internacionais ao seu lombo, as dúas últimas, con medalla incluida. A padexeira da Illa formou parte do K-4 500 xuvenil feminino que acadou o bronce no Mundial Sub-23 e Junior na cidade búlgara de Plovdiv e a prata no Europeo Sub-23 e Junior de Bratislava, tendo un futuro moi prometedor por diante no seu salto á categoría sub-23.
Ademais de Tenreiro, o futuro tamén o escenifican os outros tres equipos que foron recoñecidos durante a Gala celebrada no Auditorio. O Céltiga Prebenxamin B foi premiado por acadar o título de campión de liga a tempada pasada, mentres que o infantil acadou o ascenso á 1ª Categoría de Futgal. Tamén os cadetes do Céltiga acadaron o ascenso a 2ª. Por último, O CB Dorna infantil masculino conseguiu gañar a Copa Premium a pasada tempada.
- Jiu Jitsu, el deporte que transforma el miedo en acomodo físico y emocional
- Centolla a 50 euros el kilo, camarón a 120 y nécora a 80, en las plazas de abastos
- Portos pone a la venta un velero varado en el muelle de Cambados
- Calzados Acosta, el comercio más antiguo de Vilagarcía que resiste tras más de 120 años de historia
- Pasa consulta en el centro de salud de O Grove sin estar activo en el Sergas
- Centollo en Galicia: 3 millones de euros en un mes
- Detenido en Vilagarcía por un presunto caso de violencia de género
- Evacuados dos octogenarios por inhalación de humo en Cambados