O rock gallego chega de mans de Dakidarría a praza do Concello de Meaño

“Lume” o “En Compostela” foron seus temas

Un momento del concierto de Dakidarría.   | // FDV

Un momento del concierto de Dakidarría. | // FDV

T. H.

O rock galego insubmiso e reivindicativo da formación de Valdomiño “Dakidarría” enganchou as seus seguidores no concerto celebrado na praza de Ponte-Dena na noite do sábado.

Foi unha hora e media de música, que chegaba de mans da Deputación e do Concello meañés, música que foi quentando ao público nunha das noites estivais máis frescas deste mes de agosto, o cal precisaba do baile para mitigala.

Outro momento do concerto en Dena

Outro momento do concerto en Dena / T.H.

Con letras que ían desde a protesta a tenrura, sempre co compromiso coa lingua e cultura galega como denominador común, soaron cancións como “Lume”, “Pobo de artistas”, “Seguimos en pe”, “En Compostela”, “Voces Ceives” ou “A vida pirata”, entre outras. Todo iso con presentacións capitalizadas polo feminismo.

Tracking Pixel Contents