Padrenda canta “o Xan Pirulé”

A parroquia meañesa lembra ao último xograr do Salnés da man da asociación cultural G.A.M. e no marco do debate de “A Cova do Trasno”

O acordeonista Pablo Dovalo e a sopranoRosana Domínguez cantan o Xan Pirulé.

O acordeonista Pablo Dovalo e a sopranoRosana Domínguez cantan o Xan Pirulé. / T. H.

Tino Hermida

Medio cento de persoas -fisicamente non cabían máis cadeiras- completaron o aforo da sá de actos da Casa Parroquial de Padrenda, onde bosquexaron, rescataron e cantaron xuntos a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”, considerado un dos últimos xograres galegos no seu xénero.

Nacido en 1953, e ficando cego de mozo por mor dunha doenza, Eugenio Padín abriuse ao mundo coa música ata converterse nun dos personaxes máis requiridos alí onde ía. E non só polo público e os podentes turistas que se hospedaban na Toxa, senón pola alta alcurnia burguesa, mesmo sendo un fixo nas festas privadas do marqués de Riestra, alí onde llo demandaba.n

O público tamén se implicou nos cánticos e lendas da parroquia.  | // TH

O público tamén se implicou nos cánticos e lendas da parroquia. | // TH / Tino Hermida

“Respectado polos vellos e agarimado polas mozas de cen comarcas”, escribía del en 1925 o xornalista cuntiense Roberto Blanco Torres (Letras Galegas, 1999), que o describía como “laberco, marrulleiro e humorista, fidalgo namoriscado, que cando rasca o violín e ule que ten preto boas mozas, fai sorrisos de ceo”. Mesmo tamén legou a súa figura o destro pincel de Castelao, que pintou ao cego Padín en 1910, tocando o acordeón no hotel Calixto en Cambados. Romarías, festas, tabernas, convites privados… o cego cantou por doquier reunido un pingüe capital nas faltriqueira que invertíu mercando moitas leiras na súa Padrenda.

Finado aos 86 anos o 17 de maio de 1939, nun día de choiva, foi soterrado ao pe dunha oliveira no cemiterio vello do adro. No funeral, a poetisa Herminia Fariña, que escribiu en verso: “¡Adiós, ciego de Padrenda, / júbilo de romerías / viejo acordeón de Lores / de Gil, Combarro y Adina!.../ ¡Como solloza el paisaje / dándote la despedida! / Ciego de Padrenda, ¡adiós! / ¡Que tengas luz allá arriba!”.

Soneira e Rial interpretan “A Foliada de Padrenda”.   | // T. H.

Soneira e Rial interpretan “A Foliada de Padrenda”. | // T. H. / Tino Hermida

O Xan Pirulé

Considerado unha separata do “Romance das Tres Comadres” e popularizado por moitas partes de España, o “Xan Pirulé” foi o auténtico hit do cego Padín durante a súa vida. Relata a historia dunha merenda pantagruélica de tres mulleres que, reunidas polo San Andrés no souto de Alberte do Xan Pirulé, foron sorprendidas polo marido dunha delas (Inés), que a emprendeu a paus coas tres.

De mans deste foro, e recurrindo ao arquivo de Castro Sampedro, achouse a partitura que, por primeira vez, voltouse a cantar o sábado en Padrenda. Unha canción, da que os vellos dan fe, pero que, ao perderse, ninguén sabía cantar. A súa posta en escena foi posible grazas á voz da soprano meañesa Rosana Domínguez, que formando dúo con Pablo Dovalo no acordeón, entonaron por primeira vez o “Xan Pirulé”. E logo, o reto: despois de varios bises, e coa letra en pantalla, os presentes soltáronse a cantar xuntos: “Elas eran tres comadres / e dun barrio todas tres/Sargento Mighes, pirixel,/con dominus/cos con trisquilistrás/con domino olé, olé/pola túa fe,/no souto d’Alberte do Xan Pirulé,/ …E dun barrio todas tres”.

As “fake news” sobre o cego Eugenio Padín

Neste foro, e de mans da investigadora local no cego Padín, Eugenia García Castro, demostrouse do grave erro cometido en 2013, cando con motivo da homenaxe que o concello e a Deputación de Pontevedra dispensaban ao cego de Padrenda, descubríase un releve de Lucas Míguez, que desde entón preside a fachada da Casa Parroquial. Unha imaxe que, daquela, se vendeu como do Cego Padín, tocando unha zanfona, acompañado por un lazarillo á pandeireta, e que non responde ao real. “A imaxe que temos aí fóra -explicaba Eugenia García- amosa a figura do cego Manuel Montero Xormián, natural de Graba (Silleda), fotografiado por Zagala, e non o é a figura do noso cego de Padrenda que, ademáis, non tocaba a zanfona”. Amparada na documentación que traía con ela, recabada no Museo de Pontevedra e na Real Academia de San Fernando, desfacía este e outro afamado entorto: “a imaxe que se popularizou como do cego de Padrenda -explicaba-, que así se amosa un libro editado pola Deputación de Pontevedra en 2013 -escrito polo meañés Manuel Paz-, quen aparece en portada e interior, tampouco é Eugenio Padín, por un erro de catalogación no Museo, logo transmitido como tal ao Consello de Cultura Galega: esa foto de Joaquín Pintos, responde a Anselmo Antonio “Peretes”, un dos últimos zanfonistas galegos, e que nada ten que ver co noso cego Padín”. O foro rematou, fóra de programa, cun bis musical a cargo do gaiteiro local Edmundo Sineiro, que xunto co tamboril Antonio Rial (“Con de Xido”) interpretaron a “Folidada de Padrenda”, unha peza de cabeceira do preciado gaiteiro saliniense Palla Mollada, e que, “desde hoxe -espetaba Edmundo- será a foliada da nosa Padrenda” ante os aplausos do público. Historia e música aunáronse así para un convivio emocional que encandiou a un público agradecido polo alí compartido.

Suscríbete para seguir leyendo