Takekazu Asaka exerce de mestre de lingua galega ante os rapaces de Cambados
Alumnos do IES Cabanillas entrevistan ao novo membro de honor da Real Academia Galega na radio do centro | Eles mesmos se puxeron en contacto coa institución

Asaka rodeado dos rapaces de cuarto da ESO e dos mestres do instituto Ramón Cabanillas. / Noé Parga
A. G.
Hai oportunidades que hai que aproveitar cando aparecen e a posibilidade de poder entrevistar a un mestre como Takekazu Asaka, nomeado o pasado fin de semana como membro de honra da Real Academia Galega no auditorio da Xuventude, foi unha ocasión que medio cento de alumnos do IES Ramón Cabanillas, todos de cuarto da ESO, quixeron aproveitar. Baixo a tutela do departamento de lingua galega do instituto, e despois de darlles a coñecer a presencia do meste “nipogalego” na vila do albariño e a importancia do acto que se ía celebrar o sábado, os propios rapaces decidiron remitirlle un correo electrónico á Real Academia Galega, prantexando a posibilidade de que Asaka puidese ser entrevistado na radio do instituto. A maiores, varios dos rapaces acudiron ao evento e presenciar como a lingua galega, denostada en moitos ámbitos, pode espertar o interese dunha persoa que, a priori, ten moi poucos vínculos con esta terra.
No mail pronto apareceu unha resposta afirmativa, descartando a posibilidade dun contacto durante a celebración do acto na Xuventude polas dificultades que iso prantexaría no estricto protocolo, pero que o mestre xaponés podería estar o luns pola tarde no instituto. Pese a iso, algúns dos alumnos quixeron ser testemuñas do acto protocolario no que se nomeou a Asaka membro de honor da Real Academia Galega.
No día de onte, Asaka entraba pola porta do instituto Ramón Cabanillas, para ledicia dos rapaces, aos que sorprendeu a súa proximidade e a forma de falar a lingua con acento xaponés. Durante vinte minutos, os rapaces fixéronlle unha entrevista, argallada por eles mesmos, na que Asaka lles ofreceu unha perspectiva sobre o coñecemento do idioma a nivel internacional que eles non podían nin imaxinar. Tamén o interrogaron sobre como chegou a descubrir unha lingua como o galego e cales foron os motivos que o levaron a achegarse a ela.

Asaka amosa o agasallo dos rapaces do IES Cabanillas. / Noé Parga
Estudando no Ramón Cabanillas e sabendo que a súa próxima obra en traducir ao xaponés vai a ser un poemario do bardo de Cambados, tamén abudaron preguntas relacionadas con iso, como canto tempo tardaba en traducilo: “50 páxinas en dous anos”, foi a resposta que seguiu animando unha conversa pola radio, conversa que quedará recollida en Spotify para todo aquel que queira escoitala.
Asaka ata tivo que asinar autógrafos aos alumnos do Cabanillas, recibiu un pequeno agasallo e ata foi despedido polos rapaces con verbas en xaponés. A experiencia para os rapaces resultou intensa e emotiva, incluso para o propio Asaka, que conectou desde o primeiro intre cos pequenos.
O mestre xaponés recolleu o pasado sábado o título de membro de honra da Real Academia Galega nun acto que a entidade organizou en Cambados. Asaka narrou no seu discurso como foron todos os camiños que o levaron ata a lingua galega e, despois do seu discurso, recibiu a resposta dun cambadés de pro e amigo persoal do mestre xaponés, Francisco Fernández Rei.
Suscríbete para seguir leyendo
- La «nécora a la sal» enamora al chef José Andrés
- Vilanova se suma a la tendencia de O Salnés de restringir tráficos ante el boom turístico
- El islote más «instagrameable» agota plazas para los próximos fines de semana
- Un aparatoso accidente con tres coches implicados deja dos heridos en Vilanova
- A Illa estrenará la zona ORA en la carretera de la playa de Area da Secada a partir del mes de agosto
- Los inminentes cambios de dirección y número previstos en el nuevo callejero de Vilagarcía
- O Grove registra un virulento incendio forestal
- Vigo-Arousa: un viaje complicado y caro para los trabajadores de O Salnés