Seis curtametraxes en lingua portuguesa enchen a programación do Cineclube

Son os traballos gañadores do concurso de xoves realizadores de países de fala lusa

R.A.

O Cineclube Entrecortiñas en colaboración co Instituto Camões, proxectará no auditorio de A Illa, hoxe venres ás 20.30 horas, as curtametraxes gañadoras do concurso de xoves realizadores dos seis nacións do Palop-TL (Países Africanos con Lingua Oficial Portuguesa - Timor Oriental).

Sosteñen dende a organización que “son seis curtametraxes que abren unha xanela cara países afastados de nós, pero abofé que algunhas das historias non nos soan tan estranas”. Ao remate haberá un pequeno coloquio para comentar as impresións das proxecións. A entrada será de balde, e serán proxectadas en versión orixinal subtitulada.

Haberá producións chegadas de lugares como Angola, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Santo Tomé e Príncipe e Timor Oriental.

Tracking Pixel Contents