O Salnés busca carpinteiros de ribeira para preservar as dornas
As instalacións da Escola de Navegación Tradicional da Illa acollen unha primeira formación impartida pola Mancomunidade

Participantes no curso de formación para carpintería de ribeira.
A. G.
O esforzo dos colectivos asociados a Culturmar na pervivencia da navegación tradicional está a conseguir que, cada vez máis, haxa moita xente que se achegue ao mundo dos barcos tradicionais. Sen embargo, este crecemento está deixando en evidencia un problema que hai moito tempo que se ven arrastrando: os poucos carpinteiros de ribeira dos que dispoñen para arranxos ou para facer unha embarcación do trinque. É por iso que o convenio de colaboración entre a Escola de Navegación Tradicional e a Mancomunidade para darlle un impulso ao mundo da navegación tradicional na comarca tamén inclúe a formación na construción e arranxo de barcos tradicionais, cuns cursos que se van desenvolver no Centro de Usos Náuticos da Illa. O primeiro deles xa se celebrou o sábado.
Héctor Suárez, director da Escola de Navegación Tradicional da Illa apunta que a ausencia de carpinteiros de ribeira “está sendo un problema moi importante para nós, porque os poucos que hai teñen unha importante carga de traballo e unha longa lista de agarda para arranxos, de facelas novas xa non falamos, porque directamente, non se están facendo, se alguén quere construir unha dorna, non ten quen lla poida facer”.
Esta situadción levou á ENT a falar con diferentes administrsacións, atopándose co interese da área de emprego da Mancomunidade, á que lle pareceu un bo nicho para formar xente e ver se ese traballo se comeza a recuperar pouco a pouco. “Nós cremos que si existe traballo porque nos estamos atopando que os que hai non teñen relevo xeracional; para nós resulta moi importante formar a xente que se poida adicar a iso para facer reparacións e recuperar o proceso construtivo da dorna”, explica Suárez.
Incluso se prantexan ser un centro de divulgación a onde poidan acudir os futuros carpinteiros de ribeira para consultar plantillas ou formas de construcción de embarcacións tradicionais. “Aquelas dornas que non son de tope non son fáciles de construir, hai que selecionar as pezas de madeira adecuadas nas toradas cáseque para cada unha das táboas que se constrúen, por iso queremos que esta formación sexa a longo prazo”, sinala.
O primeiro curso, que se desenvolveu nas dependencias do Bao, ten unha duración de 40 horas e foi impartido por un dos carpinteiros de ribeira que participou na reconstrución da Nova Marina hai trinta anos. Esa reconstrución marcou un fito na navegación tradicional, xa que non só foi unha das claves para a recuperación dunha embarcación da que non quedaba ningún exemplo vivo, se non que tamén supuxo o primeiro impulso de importancia para a recuperación dos barcos tradicionais en Galicia. Este primeiro curso “permitiulle aos alumnos abordar cuestións como a reparación e saneamento das dornas, así como montar e desmontar determinadas pezas, agora gustaríanos ir un pouco máis alá e que se fixese outro de perfeccionamento, sobre todo despois de ver a gran demanda que tivo”.
Aínda que moi recente, o acordo entre a Escola de Navegación Tradicional da Illa e a Mancomunidade do Salnés está sendo fructífero para ambas partes. Ademáis destes cursos, o groso deste acordo descansa sobre o programa “A orixe de todos os camiños”, iniciativa que achega a navegación tradicional a todas as persoas que o desexan, sexan locais ou turistas. Faino de forma totalmente gratuita e xa hai lista de agarda ata o ano que ven. Nesta actividade non só se amosan as técnicas de navegación tradicional, se nón que tamén se presume da cultura mariñeira que ten o mar de Arousa, unha cultura que este tipo de colectivos néganse a que poida chegar a desaparecer, superando sempre moitos atrancos para acadar ese obxectivo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Festa da Auga 2026: extenso parte de incidentes y espectacular despliegue policial
- Intoxicaciones etílicas, personas con cortes y un detenido en la madrugada de la Fiesta del Agua
- Festa da Auga 2026: música, botellón y calles a rebosar a la espera del gran chapuzón
- La Guardia Civil de O Grove detiene a un presunto ladrón de bolsos en A Lanzada
- Vilagarcía pregona la llegada de su mayor celebración
- Declarado un incendio en el campo de golf de A Toxa
- La grúa rescata un vehículo en A Illa antes de ser «devorado» por el mar
- Mar de Frades inaugura en Vedra la vendimia más madrugadora de la historia en la DO Rías Baixas