En Vilanova hai un Supermán ó que soamente lle falta voar

Manuel Piñeiro medirá en maio o seu nivel en trial, ironman e no Mundial de Hyrox

Manuel Piñeiro, nunha recente proba de trail.  | // FDV

Manuel Piñeiro, nunha recente proba de trail. | // FDV / Diego Doval

O deporte necesita dunha motivación especial, pero o de Manuel Piñeiro Fiel é un monumento a todo elo. O que lle ven por diante a partir da próxima semana difícilmente ten precedentes porque encarar unha proba de trail, un ironman e o Mundial de hyrox en apenas un mes está o alcance de autenticos súper heroes.

Cos triatlones e duatlones como prioridade, os pasos adiante dados por este xoven vilanovés cara outras disciplinas foron case experimentais. Iso foi o que lle aconteceu co trail. Tal e como recoñece, “empecei a correr polo monte como parte da preparación, pero fixen algunha proba na que me foi ben e desfrutei moito. O que non contaba era que me chamaran para competir coa selección galega”.

O vilanovés nunha proba chegando a meta.

O vilanovés nunha proba chegando a meta. / FDV

Tal foi a irrupción nesta modalidade que práctica coa camiseta do Clube Atletismo Cambados, que o próximo domingo estará na localidad navarra de Lerín para participar no Campeonato de España por Autonomías. Por diante 27 kilómetros e 1.400 metros de desnivel que encara con gañas de “dar o meu máximo nivel. Haberá que ver como é o circuito unha vez alí, pero vou con todas as gañas”.

Apenas unha semana despois de correr polo monte navarro, Manu Piñeiro participará nun ironman en Girona, concretamente no Campeonato de España de Larga Distancia. Simplemente pensar nas distancias que terá que recorrer dan auténtico medo para a gran maioría dos mortais. Por se fora pouco, e tras quedar campeon nacional o pasado ano no seu grupo de idade (30-34 anos), o multiatleta natural de Tremoedo debutará na categoría élite. Isto quere decir o mesmo que terse que enfrentar a dez horas continuadas contra o umbral do agotamento. Nadar 3,8 kilómetros, pedalexar 180 e correr unha maratón de 42 é dunha exixencia, son cuestións que falan por si mesmas da categoría de deportista do arousán.

A natación e outra das especialidades de Manuel Piñeiro.

A natación e outra das especialidades de Manuel Piñeiro. / FDV

“Empecei a adestrar hai cousa de cinco anos con Pablo Dapena no Clube Rías Baixas de Pontevedra e descubrín un mundo que me enganchou. Eu xogaba de porteiro, pero sempre me gustou moito correr, pero con Pablo peguei un cambio brutal competindo porque antes contaba metros, pero agora fago que os metros conten”, apunta Manuel Piñeiro Fiel.

E por se non fora suficiente en canto a esforzo, o Supermán vilanovés rematará o mes de maio o día 27 en Manchester onde competirá no Campeonato del Mundo de hyrox. Unha cita para a que se clasificou nunha proba en Madrid en novembro e que fará efectiva o próximo día 27 previo pago do seu viaxe e inscripción, igual que en Girona.

Correndo polo monte coa camiseta do Clube Atletismo Cambados.

Correndo polo monte coa camiseta do Clube Atletismo Cambados. / FDV

Con apenas 30 anos, graduado en Fisicas e agora en situación de desemprego, Piñeiro Fiel adícalle moito tempo a prepararse físicamente. “Adestro pola mañá a primeira hora, a mediodía e tamén pola noita se hai entreno de equipo”, apunta. Todo isto preparando a súa tese basada no análisis cuantitativo das imáxenes médicas, “a verdade que case e mais dura a tese que saír a adestrar”, sostén.

O apoio de Deportes Piñeiro, Dragados del Noroeste e o Concello de Vilanova, e o que lle axuda a sobrelevar a carga de competir a tan alto nivel nun deporte amateur, ainda que o de Manuel Piñeiro e moi difícil de superar.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents