Entrevista | Luis Arosa García Candidato do PSOE á Alcaldía da Illa

“Son moi teimudo e non paro de reclamar aquilo que é importante para A Illa”

“A idea é contar con representación dos distintos barrios e das distintas inquietudes na vindeira lista electoral”

Luis Arosa surante o acto de presentación no Portiño.

Luis Arosa surante o acto de presentación no Portiño. / Noé Parga

A. G.

Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Luis Arosa, leva xa oito anos como edil do Concello da Illa, un municipio que, desde o pasado luns aspira a gobernar despois do 28 de maio. Aos seus 32 anos, a asemblea de militantes do PSOE da Illa designouno para suceder a Carlos Iglesias ao fronte dun partido do que leva sendo o secretario de organización o mesmo tempo que leva como concelleiro. Con só 32 anos, Arosa tentará emular aos seus predecesores e acadar a Alcaldía da Illa para continuar co proxecto que iniciou Manuel Vázquez alá por 1999.

–Que o levou a dar o paso para erncabezar a lista electoral do PSOE da Illa?

–A decisión tomouse despois de que Carlos Iglesias decidise que non quería repetir como candidato. Sempre creeu que oito anos eran máis que suficientes e que un non se pode aferrar a un cargo, un xesto que lle hai que recoñecer e aplaudir. Abriuse así a búsqueda dun candidato, e aquí estamos! Sen querer botarme flores, comparto as palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, son o mellor candidato que pode ter A Illa nestes momentos, por iso saímos a gañar e a continuar co proxecto socialista.

–Inda non se coñecen todos os rivais que vai a ter nesa carreira pola Alcaldía da Arousa.

–Non é algo que nos preocupe. Nós imos presentar un equipo co que seguir transformando este pobo para convertelo nunha refernecia en aspectos como o medio ambiente, o deporte e para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, tal e como se vai ver coas obras do Regueiro e da avenida Castelao, que se centran en gañar espazo para os peóns. O que fagan os demais non nos debe preocupar.

–Cales van ser as liñas mestras do seu programa electoral, ou aínda queda moito para coñecelo?

–Estamos traballando nel, pero o obxectivo ten que ser seguir traballando pola nosa vila para conseguir novas infraestruturas que consideramos fundamentais para os veciños. Iremos adiantando cousas pouco a pouco porque contamos con xente moi comprometida traballando nel.

–Vai diferir moito o seu equipo co que contou Carlos Iglesias para presentarse nos dous mandatos anteriores.

–Haberá cambios. A miña idea é ter xente dos distintos barrios e con distintas inquietudes, que poidan aportar cousas que servan para perfilar un programa atractivo para a xente e que esta vexa que estamos comprometidos con proxecto de futuro para este Concello. Temos moitas cousas avanzadas e pronto se van a dar a coñecer.

"A política é algo que megusta desde que era un rapaz, por iso cremos que estamos capacitados para asumir a responsabilidade de ser o candidato á Alcaldía"

–Salta vostede dunha posición de concelleiro a cabeza de cartel electoral. Como leva ese salto?

–Penso que ben e que asumín con naturalidade. Estes últimos anos de goberno estivemos levando algunhas das concellerías máis importantes, ou canto menos, aquelas que teñen unha maior actividade, agás a de urbanismo. A política é algo que nos gusta desde que era un rapaz, por iso creemos que estamos capacitados para asumir a responsabilidade de asumir a xestión do Concello se os veciños deciden confiar en nós.

–Tamén tivo que facer fronte a varios conflictos, como a ordenación do tráfico no verán, as autocaravanas, ...

–Si, non resultou sinxelo,pero cremos que gran parte deses problemas están resoltos desde o verán pasado, cando non se rexistraron as situacións que aconteceron outros anos. A nosa idea é seguir regulando o tráfico no municipio. Somos conscientes de que somos un municipio cunha idiosincrasia moi determinada, só temos unha entrada e unha saída, as rúas son estreitas porque se construíron cando non había coches... Temos que seguir regulando as cousas, continuar co proceso de transformación que temos iniciado neste municipio, un proceso que consideramos fundamental para o desenvolvemento da Arousa

–Nese proceso destacan a peonalización, a singularidade, ...

–E moitas outras apostas para seguir desenvolvendo o Concello da Illa. Queremos apostar por zonas nas que os peóns sexan os protagonistas, como se está facendo na avenida Castelao e continuaremos, se confían en nós os veciños, tratando de sacar novos proxectos chegando a acordos e consenso con eles.

–Xa dirá por que sempre afirma que a “carneiro” non hai quen lle gañe.

–Din iso de min porque son moi teimudo e non paro ata conseguir aquilo que me propoño, insisto unha e outra vez ata que á outra parte non lle queda outra que ceder. Un exemplo e que queremos un estacionamento subterráneo no Cantiño e non imos parar ata acadalo. Iso non significa que pidamos imposibles; só imos prantexar cousas que sexan necesarias para o desenvolvemento desta vila.

"Sempre imos ter lealdade institucional a outras administracións, pero non imos consentir que veñan a tomarlle o pelo á xente desta vila"

–A presidenta de Portos xa coñeceu ese carácter ...

–Sempre imos ter lealdade institucional con outras administracións sexan da cor que sexan, pero o que non podemos consentir é que se rían dos veciños e menosprecien este Concello. A Arousa sempre vai estar por diante.

–Estaría aberto a pactos se o 29 de maio non hai unha maioría absoluta?

–Estou aberto a todo tipo de pactos, aínda que o PSOE acade a maioría absoluta, que é o que queremos acadar,o Concello estará aberto a toda aquela formación que teña representación municipal porque unha porcentaxe importante de veciños teraos apoiado; poderemos estar máis ou menos de acordo, pero creo que a cordialidade entre os grupos debe existir.

–Na presentación contou con tres exalcaldes.

–Si. Sito Vázquez foi mestre meu e teño moito que agradecerlle como alumno. A Manel teñolle moito aprecio e con Carlos levo oito anos nos que pasamos momentos moi duros, como a pandemia, pero fomos capaces de superalos. Estou moi orgulloso de todos eles e é unha honra para min aspirar a sucedelos.

Suscríbete para seguir leyendo