As mellores "chatas" que identifican as xentes do Grove

A maior parte dos alcumes son característicos dunha mesma familia

Ambiente navideño na rúa de Castelao, no Grove.   | // FDV

Ambiente navideño na rúa de Castelao, no Grove. | // FDV / REDACCIÓN

R.A.

Diso trata o libro “As chatas do Grove. Os alcumes de Arousa”, que en máis de duascentas páxinas recolle arredor de duas mil nomeadas que a xente do Grove, dende tempos inmemoriais lle asignou aos seus veciños e veciñas, e que en moitos casos deron lugar a nomes de sagas familiares, negocios, empresas ou “nicks” nas redes sociais.

A edición que acaba de saír da imprenta ten dous antecedentes xa lonxanos en senllos traballos escolares realizados no colexio de Rosalía, nos anos noventa, e no instituto das Bizocas, nos primeiros anos dous mil, hai mais de quince anos, no segundo deles mesmo chegou a editarse en forma de libro tan esgotado como demandado, do que agora sae unha nova edición ampliada, correxida e moito mais completa de información e apuntamentos explicativos que nos indican a que se debe que ao Tebetau de Peralto lle puxeran esa chata que o identificou para o resto da súa vida. Ou que a Cacá do Corgo, ou ao Tipona das Laxes lle asignaran senllos alcumes relacionados coa súa maneira de falar.

Algunhas non precisan explicación como a que lle puxeron a un escolar que se chama Santiago Noia Vigo, e que aínda leva ás costas, con sanísima fachenda a chata de Monbús.

O termo chata

O substantivo chata orixínase a partir dunha metátese; isto é, o cambio de lugar dun son dentro dunha palabra, neste caso da palabra tacha.

O termo tacha, perfectamente recoñecible na expresión “sen tacha” ou na frase feita “palabra por dicir non ten tacha”, procede do francés tache, cuxo significado orixinal sería mancha, e que na actualidade tería como sinónimos defecto e falta.

Mais nin de lonxe pode asimilarse o alcumario dos mecos cun defecto físico das persoas portadoras, cunha eiva, ao contrario, os alcumes ferintes son os de menor abundancia, sendo a maioría o resultado da orixe toponímica, onomástica, laboral, deportiva, de costumes, situacións, marcadores de características físicas ou emocionais, de vicios sociais, ou de calquera outra das múltiples causas que poden dar lugar a un novo alcume.

Son autores desta edición das “Chatas” os lingüistas Archi Cabanelas, Patricia Arias, Xoaquín Cambados, Antón Mascato e Rosabel Magdalena, que recolleron durante anos as diferentes entradas das que consta esta obra e nas que se explican as orixes e quen son as persoas portadoras destas nomeadas coas que son recoñecibles xentes e negocios como Kabalo, Lavandeiro, Combatiente, Ghiso, Manos, O Bicho, Pénjamo, Bandido, Campaña, Matarana, Sesteiro, Mataghatos, Cagha na olla, Birbiricho, Ghobeleteira, Faldrana, Pitintolo, Venturiña e moitas outras con xa moitos anos; mais como se trata dun fenómeno de expresión oral moi vivo na sociedade tamén aparecen novas chatas cada día, como Laiqueos, Lasca, Wifi, Nosilla, ou Pataghillón... que de todo hai neste campo da lingua propia e da maneira particular que teñen as persoas que usan a fala do Grove.

Usos sociais

Esta edición aparece cando xa está consolidado o uso social, masivo, dos alcumes entre a xente do Grove, sen que ninguén se sinta ferido pola súa nomeada persoal ou familiar, ao contrario sendo mesmo asumida como estandarte individual ou colectivo do que gabarse pola ocorrencia que a veciñanza tivo para escoller calquera destes alcumes.

Xa non hai razóns para ocultar a procedencia. No fondo da sistemática que da lugar a este inventario de chatas prevalece un sistema colectivo de humorismo, intelixencia, habilidade e agudeza mental na asignación de cada chata a cada situación ou persoa que é portadora da mesma.

Outros eidos

Os responsables da edición confirman que están traballando en novas edicións do alcumario de Arousa, dedicándolle esforzos a Cambados, A Illa de Arousa, Carril e Catoira, onde tamén é moi frecuente o uso dos alcumes como sinal de identidade.

Tamén anuncian unha próxima presentación pública da obra e o aloxamento na rede internet da web “As chatas do Grove”, dende a que interactuar coa xente que teña algo que achegar a este fondo de coñecemento colectivo; o mesmo que farán mais adiante con outras localidades da comarca arousá.

[object Object]

Moitas son as familias que levan chatas ou alcumes no Grove, algún deles que perduran durante séculos, unha marca de identidade que a meirande parte deles lévana de seu, pois refírense xeneralmente a unha cualidade que vai na súa xenética. Os autores do traballo fan especial mención a dous casos moi significativos na vila dos dous mil alcumes. Cabe dicir que en todo o concello hai nestes intres pouco máis de cinco mil veciños empadronados. entre eles: Chilindro, a .–Como chata lévana, entre outras persoas: Eva Soutullo Mascato, Eva a Chilindra, que é neta de Joaquina Mascato Devesa, á que -cando era nena- gustáballe moito facer colares e pulseiras con cunchas e outros obxectos o que provocou que a súa nai lle dixera reiteradamente “sempre andas a faser chilindradas” polo que a veciñanza aproveitou para chamarlle a Chilindradas, que acabou reducíndose en A Chilindra, alcume que nace nela e que herdaron as mulleres da súa familia, información que lle debemos a Andrea Domínguez Soutullo, bisneta de Joaquina a Chilindra. Dunca, os .– Esta chata, en plural, levárona dous irmáns que tiñan moitas habilidades físicas, un deles, Manolo Chodigo estivo de lexionario durante algúns anos e veu falando raro. O outro irmán Dunca, agabeaba ás árbores da Toxa descalzo e mesmo xogaba ao fútbol, tamén na illa de Louxo, sen calzado ningún, nin medias, e hai que ter en conta que aquel campo do Anduriña non era de herba precisamente, e tiña moitas pedras ciscadas polo terreo. Ver Chodigo. Ver Truco.

Suscríbete para seguir leyendo