O Apalpador mantén vivas as tradicións e a lingua na comarca do Salnés
O programa da Deputación percorreu onte os municipios de Ribadumia, Cambados e A Illa e o 4 estará en Vilagarcía

O Apalpador achegouse onte á Illa de Arousa, Ribadumia e Cambados para festexar o Nadal. / Noé Parga
R. A.
Como cada Nadal, o Apalpador baixa das montañas do leste de Galicia para percorrer todos e cada un dos Concellos, en especial os da provincia de Pontevedra, co fin de manter as tradicións e, sobre todo, colaborar para espallar a lingua galega. Este ano non ía ser menos e, a través da programación “Nadal en galego” da Deputación, o Apalpador, o seu burro Río Lor e o acordeonista Servando Barreiro acudiron hoxe á comarca do Salnés para encher de ledicia aos máis pequenos.
A primeira parada que efectuou o Apalpador foi na Illa de Arousa. Alí dirixiuse ás portas do Centro de Interpretación da Conserva, onde o agardaban un bo feixe de rapaces para escoitar as súas historias e aprender a importancia das tradicións. Non faltaron cancións e algún que outro baile para conquistar o corazón dos nenos. A segunda parada foi en Ribadumia, antes de dirixirse a Cambados, onde se despediu da comarca do Salnés este ano, xa que a seguinte ocasión na que aparecerá por esta zona xeográfica xa estaremos no ano 2024. Esa visita está prevista para o día 4 de xaneiro e comezará ás 11.00 horas en Pontecesures, mentres que ás 12.30 horas pasará por Vilagarcía de Arousa. Pola tarde, a viaxe levará ao Apalpador ata Caldas de Reis ás 17.00 horas e ata Portas ás 19.00.

O Apalpador mantén vivas as tradicións e a lingua na comarca do Salnés / R. A.
“Nadal en galego” é un programa concibido para vincular o Nadal coa tradición, recuperando unha figura que forma parte dos trazos identitarios galegos, para que os nenos poidan familiarizarse con esta figura mítica galega e coñecer a súa historia. Orixinalmente O Apalpador representábase como un carboeiro de barba vermella e, segundo a tradición, baixaba ás vilas desde as montañas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre dos nenos para ver se comeran suficiente durante o ano e deixáballes a cambio agasallos e castañas, ao tempo que lles desexaba un novo ano cheo de felicidade e comida.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Fundación contra o Narcotráfico retoma las subastas de coches y motos
- Las estrecheces presupuestarias obligan a variar el tradicional recorrido de la procesión del Carme de A Illa
- Los nuevos viñedos de Rías Baixas brotan con fuerza
- Ya es oficial: el centollo se va de veda en toda Galicia
- El lunes habrá sardina fresca del «xeito» para San Juan
- El mejillón empieza a estar en carne
- El nuevo Eroski Center abre con 1.570 metros cuadrados y 57 profesionales
- Al dueño del antiguo edificio de Establecimientos Otero le queda un mes para evitar las multas