Cambados non se esquece do nome de María Dolores del Valle, “A Francesa”, unha das persoas máis queridas e recoñecidas da vila do albariño que falecía no pazo de Serantellos en 1967. Foi por este motivo que, onte, no cemiterio de Santa Mariña, as concelleiras Fátima Abal e Cruz Lago participaron nunha pequena ofrenda floral á súa figura, depositando un ramo nas portas do panteón no que descansan os seus restos. Abal puxo onte en valor a figura desta muller, unha figura que “non queremos que caia no esquecemento, pois foi unha persoa moi importante para Cambados e que debe ser lembrada sempre”. O ano pasado acometeuse unha remodelación da praza da Xuventude, á que se lle dou o seu nome ao ser unha pertenza dela”. Hai uns anos, “tamén se lle convertiu en filla adoptiva do Concello de Cambados nunha sesión plenaria”.
