Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O “Abellóns” o canto funerario que se documentou en Vilanova

Un artigo na web do Consello da Cultura Galega lembra esta antiga tradición nos velorios en Galicia

Cemiterio de Caleiro, en Vilanova de Arousa. Noé Parga

A cultura da morte sempre tivo unha ampla presencia en Galicia, desde lendas como a da Santa Compaña ata as tradicións do Día de Defuntos ou os velorios onde participaba toda a familia. Pero hai máis que están perfectamente documentadas aínda que agora permanezan prácticamente esquecidas. pola xente do común. Na web do Consello da Cultura Galega recóllese unha destas tradicións que foi documentada,en Vilanova por nomes como Antón Fraguas, Alfredo Brañas ou Ramón Marín e que se coñece como o “Abellón”.

Nese artigo do Consello explican que o “Abellón” é unha manifestación musical na que se emprega o sistema respiratorio para emitir un son e que existíu en gran parte da Galicia rural ata ben entrado o século XX. As reunións funerarias acababan convertíndose en festas con banquetes, xogos e risas da xente que participaba nelas, nun sistema de compensación para a tristura dos familiares.

Na web contan que este cántico funerario consistía en que “os familiares presentes no velorio se reunían arredor do morto e, collidos das mans formando un círculo, xiraban arredor do cadaleito dando pequenos brincos e emitindo un son zoante polo nariz”. Ates de facer o “abellón”, os participantes pactaban os termos nos que se ía desenvolver pero, entre as regras básicas, atopábase que non se podía deixar de zoar, nin soltarse das mans nin falar. Ás últimas referencias a este peculiar rito funerario datan de 1930 en diferentes zonas de Vigo. O propio Alfredo Brañas lle adicou unha poesía a este cántico funerario desaprobándoo.

Este cántico é un máis das costumes máis ou menos vencelladas aos Defuntos na ría de Arousa, das que xa desapareceron a maioría e das que só se ten constancia por referencias escritas. Tan só se conservan un pequeno feixe delas, sobre todo na Illa. Hoxe mesmo, terá lugar unha delas, cando os rapaces dese concello saian á rúa a pedir “unha esmola polos rapaces que van alá”.

Desde primeira hora da mañá percorrerán as rúas buscando golosinas, algo moi diferente ao que recibían seus avós, que tiñan que conformarse con chicas, patacóns, froita ou castñaas que despois compartirían coa súa familia. Neste municipio tamén manteñen a tradición de iluminar o cemiterio con candeas para lembrar aos mortos.

Compartir el artículo

stats