Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Revenidas enche de música e aturuxos o pobo de Vilaxoán

O Festival comezou onte coa actuación de Boyanka Kostova como principal atractivo | Extenderase ata o vindeiro domingo

O Festival Revenidas arrincou onte e extenderase ata o domingo. | // FDV

É un dos festivais que máis aposta pola música galega e, nesta edición, As Revenidas non volve defraudar, ofrecendo un cartel espectacular con algúns dos mellores grupos do país. O festival abríu onte as súas portas cun dos dous escenarios que se van a empregar xa activos. O honor de comezar a edición de 2022 do festival foi para o grupo Sinner, que comezou a tocar pouco despois da apertura das portas, coa que se desafiou á choiva que ameazaba con pasar por auga a troula e a festa que se organiza sempre no parque de Dona Concha de Vilaxoán cada vez que a música das Revenidas comeza a soar.

Boyanka Kostova foi o encargado de inaugurar esta edición. | // IÑAKI ABELLA

De todas formas, o grupo máis relevante da xornada de onte eran os Boyanka Kostova que subiron ao escenario a varios amigos, como Pili Pampín e integrantes de Grande Amore, Dios Ke Te Crew, Mundo Prestigio e FO Records. A noite estaba previsto que fose despedida polas dj’s Yaya e Kris K, que extenderían a festa ata ben entrada a madrugada.

Despois deste inicio a medio gas, o Festival arrinca hoxe a todo trapo, cos dous escenarios activos e coas portas abertas a partires das 17.30 horas. Entre os grupos destacados hoxe atópanse Ketekalles ou Boicot, pero tamén está previsto que toquen La Pegatina, Copa Turbo, Suu e Gatibu.

Mañá a xornada arrancará ás 19.00 horas con Sondarrúa, Lendakaris Muertos, Bratzantifa, SFDK, Grande Amore, Talco, MDB e a Duendeneta. O sábado será o día grande do festival, con actuacións desde as 12.00 horas. Comezarán Os Plecto e seguirán Dakidarría, Monoulious DOP, Banda da Loba, Tanxugueiras, LKadilla Rusa, Zoo, Doen, Dubioza Kolektiv, The Rapants e Baiuca. O festival pechará o domingo con Sés.

Compartir el artículo

stats